Vilalba vestiu de Campións de Galicia a Saúl López (Maceda) e Susana Alonso (Extremadura)

Publicado por: F.G. Ciclismo

Toda una vida sen acadar gañar un título de Campión de Galicia e Saúl López (Maceda) sumou con de Btt Maratón en Vilalba o segundo nun ano tras impoñerse na XVI Ruta Monseivane Serra do Xistral organizada polo club ciclista Vilalba As Pontes. O monfortino foi o máis rápido en liña de meta completando os oitenta quilómetros de trazado en 3 horas e 39 minutos avantaxando en máis de 15 minutos ao lalinense Esteban Sánchez (Extol). O quirogués Alberto Alanis (Burgas) completou o podio elite. Outro monfortino subiu tamén o máis alto do podio, foi Estefan González (Bici Racing), gañador en sub23.

Susana Alonso (Estremadura Ecopilas) puxo fin ao 2018 cun novo título galego que engadir ao seu palmarés nun ano no que logrou o Campionato de España de ultramaratón, o subcampionato en maratón e a súa presenza como integrante da selección española no Mundial de btt. A de Mos avanzou que partir de agora será máis frecuente vela competindo en Galicia dado que a próxima campaña poñerá fin á súa exitosa traxectoria vestindo a cor verde do Estremadura onde militou o últimas cinco tempadas. Diana Branco (Mitto) obtivo o subcampeonato da categoría tras unha prolongada ausencia das probas.

Na categoría master 30, o lalinense Javier Busto ( Extol) foi terceiro absoluto en métaa da área deportiva da Magdalena e sumou un novo campionato de Galicia na súa última campaña como master 30. Busto sufriu un auténtico calvario ao longo do trazado debido a problemas mecánicos que lle impediron seguir a roda dos dúas primeiros elites. Federico Ramón Lamas ( Estralos) e Manuel Casuso ( Master Galaico) secundaron ao Campión no podio.

Satisfacción absoluta para Silvia Blanco ( BH) gañadora do título en master 30 quen destacou a partes iguais a dureza e a beleza do trazado vilalbés pola Serra do Xistral e o ascenso a Monseivane. Silvia García (Bici Verde) foi segunda nesta categoría.

Polo que respecta aos master 40, dobrete do MTC con vitoria de Diego Álvarez que nunha semana sumou os títulos de ultra e de maratón certificando unha gran final de tempada. O seu compañeiro de equipo Francisco Xabier López foi subcampión e Manuel Golmar ( Extol) fíxose co bronce.

En categoría feminina a Campioa de España Teresa Barreira ( Pillabikes) fixo valer o seu papel de principal favorita e obtivo o título fronte ao empuxe da porriñesa Ana González ( Extol) e a retirada da mindoniense Isabel Picoaga (7 Voltas).

Por último, a categoría de master 50 resultou a máis igualada e houbo que recorrer á imaxe de meta para definir o podio debido a que despois de 80 quilómetros de percorrido, Manuel Castro (Barbanza Bike) e Carlos Otero (Btt Fene) xogáronse o título ao esprín con vitoria do primeiro por milésimas. José Manuel Pérez Ovide (Pillabikes) foi terceiro na proba aínda que dada a súa condición de asturiano tivo que ceder o seu posto no podio do Campionato de Galicia a José Ramón Castelo do Castrobarbudo.

Foto ©Luz Iglesias


Enlace con la noticia original: Vilalba vestiu de Campións de Galicia a Saúl López (Maceda) e Susana Alonso (Extremadura)

Mas noticias relacionadas