Suspensión actividade deportiva

Publicado por: F.G. Deportes Invierno

O Diario Oficial de Galicia 11-bis publicado o 19 de xaneiro de 2021 restrinxe máis as medidas de mobilidade, peches perimetrais, espazos e horarios, afectando a toda a sociedade e por extensión á actividade deportiva e federada.

O Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete, mantivo unha reunión telemática con todas as federacións nas que explicou as medidas que o seu departamento vai adoptar.

A primeira delas, e a máis importante, é a de cancelar todo tipo de competición autonómica federada.

Os puntos que afectan á actividade deportiva son:

  • Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico.
  • A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarsede forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes
  • Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións co resto da actividade física e deportiva, debendo respectarse as limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
  • As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente

Enlace con la noticia original: Suspensión actividade deportiva

Mas noticias relacionadas