Triste Noticia para o Deporte Galego

Publicado por: F.G. Deportes Invierno

No día de hoxe enterámonos do falecemento de Alejandro Gómez Cabral, deportista do Club Alejandro Gómez pertencente a esta federación.

Alejandro foi uno dos atletas galegos máis destacados de tódolos tempos, participando en tres JJOO e 17 mundiais de Campo a Través. Ademáis foi numerosas veces Campión de España en disciplinas atléticas.

Nos últimos anos adicouse o Mushing, sendo Campión de España, Campión da Copa de España e participando en competicións internacionais representando a España.

Dende a FGDI queremos transmitir o noso máis sinceiro pésame á familia e amigos e desexarlle o mellor nestes duros momentos.


Enlace con la noticia original: Triste Noticia para o Deporte Galego

Mas noticias relacionadas