España-Finlandia de futsal en Ferrol xogarase ás 19:00 horas

España-Finlandia de futsal en Ferrol xogarase o 3 de abril ás 19:00 horas

O prezo das entradas será de 10 euros para os adultos (a partir de 18 anos), 5 euros a entrada xuvenil (12-18 anos), 3 euros a entrada infantil (6-12 anos), mentras que os nenos de ata 5 anos terán a entrada gratuíta, aínda que terán que retirar unha invitación en taquilla.

Ademais, todos os abonados e abonadas de O Parrulo Ferrol terán un prezo especial para este partido, o cal se dará a coñecer nos vindeiros días.

As entradas para este partido empezarán a poñerse á vanda este sábado, 24 de marzo, a partir das 18:00 horas, na taquilla do Pavillón de A Malata, aproveitando tamén a venda de entradas para o partido entre O Parrulo Ferrol e Gran Canaria FS.

Ademais de este sábado, as entradas para o España-Finlandia tamén se porán á venda en máis datas, a cales serán confirmadas proximamente por O Parrulo Ferrol.

Mas noticias relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *