A Rede CeMIT da Xunta organiza este venres unha xornada sobre a xestión online na sede electrónica para entidades deportivas

Publicado por: UFEDEGA

Está dirixida aos responsables dos clubes deportivos galegos para facilitarlles a actualización telemática dos seus datos no Rexistro de Entidades Deportivas
A Amtega e a Secretaría Xeral do Deporte coordinan a xornada, que terá lugar o 9 de febreiro de 12:00 a 13.30 horas no CDTIC
Poderá seguirse tamén por videoconferencia nas aulas CeMIT de 18 concellos de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral para o Deporte organizan o 9 de febreiro a xornada “Faite dixit@l e tramita nun clic – Rexistro de Entidades Deportivas”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia, en Santiago de Compostela, e poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia en horario de 12:00 h a 13:30 h.

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de emprazar a máis de 8.000 entidades deportivas de Galicia a actualizar a súa inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas, de conformidade coa Lei do Deporte de Galicia. Nas vindeiras semanas estas entidades deberán achegar online, a través da sede electrónica da Xunta, a documentación necesaria para cumprir o trámite.

O obxectivo da xornada, dirixida aos responsables dos clubes deportivos galegos, é facilitarlles as nocións básicas sobre o funcionamento da sede electrónica, clarexar posibles dúbidas, difundir os servizos dispoñibles na sede e indicarlles as canles para obter máis información en caso de que a precisen durante a realización da xestión.

O enfoque da xornada será eminentemente práctico con exemplos sobre emprego dos diversos sistemas de identificación e sinatura dixital admitidos pola sede, incluído o sistema Chave365, que evita o uso do certificado dixital.

+ Info 


Enlace con la noticia original: A Rede CeMIT da Xunta organiza este venres unha xornada sobre a xestión online na sede electrónica para entidades deportivas

Mas noticias relacionadas