Atlético Marcón – UD Ourense: E, por que non comezamos unha boa serie?

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense rende visita o Atlético Marcón a partir das 5 da tarde. Os vermellos buscarán sumar 3 puntos que os aupen novamente os 4 primeiros postos da táboa. Cita importante para o ourensanismo, que pode supor o inicio dunha boa serie de resultados.

A hora da verdade achégase na Preferente Sur galega. Nin os máis vellos do lugar lembran unha tempada na que as diferenzas fosen mínimas, na que tantos equipos estivesen na loita por un mesmo obxetivo, na que os equipos punteiros deixaran tantos puntos diante dos clubes de abaixo. Esta é unha Preferente diferente, máis competitiva, de máis nivel, unha preferente na que tras un tropezo toca erguerse con vitoria.

O Ourense pon rumbo a Marcón co obxetivo de regresar cos 3 puntos para seguir metido na pomada ou aproveitar algún tropezo dos predecesores para arrebatarlles tan preciado posto. Os nosos, pese o empate en O Couto fronte o Alertanavia, seguen a 3 puntos do segundo posto, a 2 do terceiro e aun do cuarto. Tan só o Estradense marcha cunha vantaxe máis clara, concretamente de 5 puntos.

As necesidades apremian co paso da xornada e co final da tempada achegándose cada vez máis. Os de Fernando Currás irán a Marcón a por todas, conscientes de que os 3 puntos son máis necesarios ca nunca e que toca dar un golpe sobre a mesa. O técnico preparou exhaustivamente coma cada semá, o encontro contra o conxunto pontevedrés. Para esta cita recupera a Joni e Alfredo, que xa desputou algúns minutos fronte o Alertanavia, poderá volver ser da partida.

Non estarán Fran Martínez, que prosegue unha xornada máis de baixa e recuperándose dunha lesión que o ten apartado dos terreos de xogo dende fai varias xornadas. O xogador comezou adestrar, pero non se fixaron prazos de entrada na convocatoria, xa que os técnicos non queren arriscar todavía e as probas médicas non o aconsellan. Tampouco estará Hugo, que segue con molestias tralo partido fronte o Beluso, no que se retirou lesionado.

Fernando Currás podería apostar por un XI moi similar a do pasado fin de semana, aportando lixeiros retoques. Pato será o meta titular e a liña defensiva podería estar composta por Josu, Vieytes, Corzo e Codeso. Luis, Germán e Durán perfílanse coma titulares na medular. As dudas chegan arriba, onde Joni e Alfredo poderían voltar o XI nas bandas e Adri formar de 9. Tampouco sería unha sorpresa a inclusión de Unai coma 9 ou incluso en unha banda se Alfredo ou Joni non son da partida inicial.

O rival, o Atlético MArcón, situase na parte media-baixa da táboa con 30 puntos, 9 por riba das prazas de descenso directo. Cos arrastres, o equipo está metido de cheo na pelea por evitar os últimos postos. Nas últimas catro xornadas, non foron quen de gañar ningún dos seus partidos, sumando, eso sí, 3 empates e concedendo unha soa derrota. Coma locais, os marconeses presentan uns números con balance máis negativo que positivo. 3 vitorias, 5 empates e 5 derrotas, mellores números, eso sí, que coma visitante.

Cita importante para o ourensanismo, o que de novo facemos un chamamento para que viaxe e volte a deixar pegada nun novo campo da categoría. As entradas en taquilla tan só custarán 6 euros. 

¡OURENSANISTA, SEN TI, NON É POSIBLE!

La entrada Atlético Marcón – UD Ourense: E, por que non comezamos unha boa serie? aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Atlético Marcón – UD Ourense: E, por que non comezamos unha boa serie?

Mas noticias relacionadas