UD Ourense – CCAR Valladares: Os imposibles tamén existen

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense recibe en Os Remedios as 16:30 horas o líder da categoría o Valladares. As vermellas queren dar a sorpresa e vencer a un equipo que permanece invicto. As vermellas, tras dous partidos sen gañar, queren reecontrarse xa cos 3 puntos.

O fútbol acostuma a deixar sorpresas no camiño dos equipos chamados a facer historia, e lei de vida. O Valladares chega a Ourense coma líder intratable da categoría. As viguesas tan so cederon 2 empates e sumaron 18 vitorias, nas 20 xornadas que se levan desputado. 10 puntos de vantaxe sobre o segundo e 11 sobre o terceiro e cuarto, deixan o ascenso prácticamente encaminado. Ägora o obxetivo está en acabar a liga sen perder e entrar na historia da competición.

O Ourense quere augar a festa viguesa e facer o equipo rival terrenal. No encontro de ida xa lle amosaron as garras, pero acabaron cedendo ante o empuxe e o factor campo. Mañá, a historia será ben diferente, con partido coma local e o ourensanismo apoiando as nosas. Trala derrota de fai 15 días e o empate da pasada semana fronte o Orzán, os 3 puntos voltan a estar moi cotizados no vestiario vermello, que queren voltar a sumar de 3 en 3 e tratar de recurtar algunha diferencia cos equipos predecesores.

As ourensás chegan a cita cas lesións xa coñecidas de Moni, Aldara e Cris Rodríguez. Rubén García deberá introducir algúns cambios no seu esquema táctico para acoplar novas empezas do engranaxe. A medular podería sufrir variacións, nun encontro que se prevee moi físico e de moita batalla táctica neste área do campo, onde podería reforzarse con algunha xogadora extra. Todo será unha incógnita ata o final, xa que Pacy e Loh chegan entre algodóns.

As nosas voltan a casa para un partido que se agarda sea un espectáculo. Xa sabes, se non vas a Marcón, as 16:30 tes unha cita en Os Remedios.

La entrada UD Ourense – CCAR Valladares: Os imposibles tamén existen aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – CCAR Valladares: Os imposibles tamén existen

Mas noticias relacionadas