Base Fútbol 8 Fin de Semana 8 – 9 de Decembro

Publicado por: U.D. Ourense

Nova xornada para os máis miúdos de #anosabase

Alevín A – Monforte

Victoria nun bo encontro no que os nosos mostraron gañas de dominar o partido.

Alevín B – Velle

Victoria con remontada na segunda parte onde os nosos sacaron orgullo e bo xogo para sobreporse a unha mala primeira metade.

Alevín C – Calasancio

Derrota un partido no que os nosos foron de menos a máis e acabaron caendo na segunda metade ante un rival máis efectivo.

Benxamín A – Rúa

Victoria nun encontro cunha primeira metade igualada e que se decantou para o noso lado na segunda. Moi bo encontro

Benxamín B – OUCF B

Empate nun encontro moi ben xogado polos nosos e no que só a falta de tino ante a meta evitou a victoria de os nosos.

Prebenxamín A – Purísima

Victoria no primeiro encontro da segunda fase no que, tras uns primeiros minutos igualados, o partido foi dominado polos nosos con numerosas ocasións.

Prebenxamín B

Descansou.

 



La entrada Base Fútbol 8 Fin de Semana 8 – 9 de Decembro se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Base Fútbol 8 Fin de Semana 8 – 9 de Decembro

Mas noticias relacionadas