Caselas FC 1-1 UD Ourense: Empate agónico no 91

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense acadou un empate na súa visita a Caselas, gracias a un tanto de Germán no desconto. Os locais adiantáronse os 3 minutos de xogo e gozaron de oportunidades para ampliar a renta, pero topáronse cun Pato inconmensurable. Os vermellos tentarono, pero non lograron perforar portería ata o desconto.

Empate agónico o que se viviu na tarde de onte na Gándara. Cando todo parecía indicar que o Ourense non sumaría ningún punto, apareceu Germán para rescatar un empate moi valioso, que mantén os ourensás a 3 puntos do líder, perdendo eso sí, unha posición na táboa en detrimento do Bande, que superou o sábado os da Estrada.

Non estivo acertado o colexiado, que obviu un claro penalti por mans dun xogador do Caselas e expulsou a Fernando e Nacho Currás por protestar algunhas decisións. Un carreiro de tarxetas para un partido que apenas tivo xogadas violentas, sí intensidade, pero poucas faltas para os cartóns amosados. Os primeiro e segundo adestrador perderánse o próximo encontro, o igual que Codeso e Germán por acumulación de tarxetas.

Saiu o Ourense o céspede cun XI con importantes novedades. Oli ocupou o posto de interior e Codeso caeu o lateral, deixando o eixe da zaga para Corzo e Vieytes. Aitor, que regresaba tras lesión, formou na medular xunto a Germán e Carlos, que actuou de interior. O ataque foi cousa de Hugo e Unai. As baixas de Luis, Durán, Alfredo e Joni eran sensibles e obrigaron o técnico de Esgos a facer moitos trocos.

O partido comezou da peor forma posible. Os 3 minutos de xogo, o Caselas adiantábase no marcador nunha xogada de estratexia. Saque de curruncho e remate de Guerra o fondo da rede. O partido púñase costa arriba dende o comezo. Tocaba remar e remontar, pero a presión do rival e a súa solidez defensiva serían impedimentos severos para os vermellos.

A primeira para os ourensás tivoa Unai, nun remate que marchaba rozando a meta rival. A réplica do Caselas chegou cun tiro que se envenenou tras pegar en Corzo e que salvou Pato in extremis. Os minutos transcorrían e as ocasións non chegaban. Corzo tivo o empate antes do descanso, nun balón solto, pero topouse cunha maxistral man de Nucho, que evitaba a igualada.

A segunda metade arrancou cun Ourense que meteu unha marcha máis ca entrada de Adrián en detrimento de Oli. Hugo tivo dos boas ocasións, pero o cancerbeiro evitou o tanto do ariete ourensán. O Caselas tentábao a contra, pero Pato non encaixaría máis e deu un recital de paradas con mans e pes salvadores.

Hugo seguiu sendo un quebradeiro de cabeza para a zaga local, que se tiña que empregar a fondo para frear a referencia ofensiva dos visitantes. Chegou entón a polémica do partido, cunha man clamorosa de Pablo na área local- O colexiado non viu o penalti, tampouco o seu asistente, que o tiña de cara, pero non decidiu a sinalar a pena máxima.

Cando o partido tocaba a súa fin, chegou o tanto do Ourense. No minuto 91, co desconto xa en xogo e cos nosos volcados completamente en ataque. Germán facía a igualada e o colexiado decretaba o final do encontro cun saque de esquina por botarse a favor do Ourense.

Empate que sabe a pouco, pero que permite os vermellos sumar nun partido que tiveron perdido durante 88 minutos. Toca pensar xa no Porriño, rival do próximo domingo en O Couto e choque directo polos postos de ascenso.

Preme sobre a imaxe para visualizar a reportaxe fotográfica do encontro

CASELAS FC. VS UD.OURENSE

La entrada Caselas FC 1-1 UD Ourense: Empate agónico no 91 aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Caselas FC 1-1 UD Ourense: Empate agónico no 91

Mas noticias relacionadas