Comunicado Oficial – UD Ourense.

Publicado por: U.D. Ourense

Comunicado Oficial – UD Ourense.

Por mor das obras que se están a realizar no céspede do Estadio de O Couto, a Unión Deportiva Ourense desexa informar aos seus seareir@s que os partidos de liga que non se poidan disputar​ no seu estadio pola non finalización antes do inicio da tempada 2023-24, celebraranse no Campo Municipal de Oira.

Ante as dificultades para atopar un campo no que dar cabida á nosa afección, ​e ante o ofrecemento do ​@Concello de Ourense ​das instalacións municipais de Oira, decidiuse aceptar dito ofrecemento polos seguintes motivos​:

– Non haber no Concello de Ourense ningún outro campo apto para a disputa dos partidos.

– A facilidade e comodidade de acceso para os nosos afeccionad@s, doutro xeito terían que desprazarse a outra localidade, cos inconvenientes e molestias que iso suporía.

– Un aforo que permite acoller a un bo número de afeccionad@s, non habendo ningún outro campo de maior aforo do que dispoñer.

– A posibilidade, ao ser municipal, de instalar as ​lonas publicitarias dos nosos patrocinadores, permitindo que non se produza ningún quebranto nese apartado na economía do club.

Debido a estas razóns, buscando​ en todo momento ​o me​nor prexuízo tanto para a nosa afección como para a economía do club, e grazas ao ofrecemento do ​Concello de Ourense, o club estimou a elección do Campo Municipal de Oira como a mellor opción posible.

Tras múltiples reunións e correos mantidos, os responsables da obra transmitiron que a finalización estimada da parte da obra do céspede non irá máis alá da primeira cuarta parte da competición.

​Confiase en que esta situación sexa transitoria, que a Xunta finalice o novo céspede canto antes, e poidamos voltar ao noso fogar en breve.

/*! elementor-pro – v3.14.0 – 26-06-2023 */
.elementor-facebook-widget.fb_iframe_widget,.elementor-facebook-widget.fb_iframe_widget span{width:100%!important}.elementor-facebook-widget.fb_iframe_widget iframe{position:relative;width:100%!important}.elementor-facebook-widget.fb-like{height:1px}.elementor-widget-facebook-comments iframe{width:100%!important}

La entrada Comunicado Oficial – UD Ourense. se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Comunicado Oficial – UD Ourense.

Mas noticias relacionadas