Convocatoria da ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Publicado por: U.D. Ourense

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 19 de xullo de 2018, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as co seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Informe estado de execución do orzamento da tempada 2017-18.
  2. Aprobación, se procede, do orzamento da tempada 2018-19.
  3. Autorización á Xunta directiva para a sinatura de acordos de filialidade con outros clubs.
  4. Rolda libre de intervencións.

Lembrar que os socios e socias poden enviar propostas para seren debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con 5 días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Asemade, lembrar que poden acudir á Asemblea con voz e voto os socios e socias maiores de 16 anos que estean ao corrente do pago da cota social a data 31 de decembro de 2017, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio ou socia pode representar a outro/a presentando escrito de autorización e copia do DNI do/a representado/a.

Ourense, 5 de xullo de 2018.

La entrada Convocatoria da ASAMBLEA XERAL ORDINARIA se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Convocatoria da ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Mas noticias relacionadas