Entrevista a Hugo García

Publicado por: U.D. Ourense


O capitán da UD Ourense, Hugo García, (Ourense, 1989) é o primeiro en confirmar a súa renovación polo clube ourensanista.

  • Que esperas da temporada?

Agardo que sexa un gran ano. Logo da nosa segunda temporada na categoría, creo que o terceiro ano vai ser moi ilusionante e estou seguro de que o equipo vai loitar por facer algo importante. Entre os xogadores que nos quedamos e os reforzos que van chegar, sumando a nosa xa coñecida gran afección, será un ano moi importante para o club.

  • Por qué decidiches renovar?

Porque esta será a miña quinta temporada no club e sigo coa ilusión intacta e máis motivado ainda se cabe.

Para mín esta é a miña casa, onde me sinto querido, valorado e identificado ao 100% entón, cando te sintes así, creo que non hai lugar para as dúbidas.

  • Que lle diría á afección?

Á nosa afección xa pouco lle podemos dicir ou pedir. Dende o primeiro partido que xoguei con esta camiseta dinme conta de todo o que nos dan, asi que só espero que afronten a nova temporada con moita ilusión, xa que nós poñeremos todo da nosa parte para que sigan sentíndose orgullosos do escudo que xuntos defendemos.

La entrada Entrevista a Hugo García se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Entrevista a Hugo García

Mas noticias relacionadas