Entrevista a Iván Gómez. Adestrador do cadete B.

Publicado por: U.D. Ourense

  • Gustaríame destacar antes de nada que ti levas adestrando no fútbol base do noso club desde a súa fundación. Como ves a evolución do mesmo, sobre todo no noso fútbol base? Que é o que te motiva a seguir ligado á UD Ourense?

O club cumpre a súa sexta tempada dende a fundación e a evolución foi constante e moi boa. De ahí que xa teñamos equipos en liga Galega e o Xuvenil en nacional. Estamos en boa dinámica e que siga así. Lembro o primeiro adestramento en Salesianos co Alevín no que só tiñamos 11 nenos. A partir de aí o gran traballo que fai o club reflíctese na cantidade de nenos que forman parte da nosa canteira.

Eu encóntrome moi cómodo no club. Trátanme moi ben e somos unha familia, o que fai que todo sexa mais fácil. Darlle as grazas a Gonzalo que é o meu compañeiro e a Peluso. Estou aí grazas a eles que me chamaron nos inicios.

  • Onde te ves ou que crees que será de Iván Gómez nos próximos 5 anos dentro do fútbol base?

No futuro a verdade que non o sei. Non se sabe o que deparará. No fútbol o importante e ser felices e desfrutar do que un fai día a día. Hai que ser ambiciosos e nunca conformarse. Hai que mellorar sempre como persoa e como adestrador, desde o respecto, traballo e humildade

  • Cales son os teus obxectivos como adestrador? Prefires fútbol base ou fútbol sénior?

A verdade é que me gusta tanto o fútbol da base como sénior. Son moi diferentes pero o importante é que cada neno mais grande ou mais pequeno se sinta importante e valorado. Que melloren, xoguen todos moito e veñan cada día cun sorriso e moitas ganas de adestrar.

O importante é transmitirlles uns valores deportivos que lles poidan valer para a vida. Respecto, educación, amizades…

  • Que avaliación fas da temporada do Cadete B? Como valorarías o salto de fútbol 11? Destaca algo positivo desta temporada.

Este ano estou moi contento de estar adestrando ao cadete B e dar o salto ao F11 neste club. Temos 24 rapaces e como dixen antes sempre intentamos que melloren dende a exixencia, tanto no terreo de xogo coma con valores e consellos que lle poidan valer para o día de mañá. Gústame que xoguen todos porque nestas idades deben. Sempre veñen adestrar todos e con ganas, e ese é o maior exemplo de que están contentos e se sinten valorados.

  • Que opinión tés da situación social que está atravesando o noso país?

A verdade que é unha mágoa o que está acontecendo pero se seguimos as recomendacións que nos transmiten, estou seguro que pronto volveremos a estar desfrutando do fútbol e todas as cousas que antes faciamos.
Todo esforzo ten a súa recompensa.

  • Como estás levando o confinamento e que fas durante o día?

Ao principio custoume adaptarme pero pouco a pouco acábaste acostumando.

Esto serviranos para valorar mais as cousas.

Eu establecinme unha rutina para o día a día.

Manter os hábitos que facía na casa, axudar aos meus pais na casa, establecer unha dinámica de exercicio adaptándome a un espazo reducido no meu piso, traballando en cousas de fútbol, vídeos, libros e aproveitar o tempo. Sempre estar alegre e positivo.

  • Que consello lle darías aos xogadores do teu equipo para afrontar estas semanas na súa casa?

Aos meus xogadores xa lles comentei que estean tranquilos, que sigan as recomendacións que se transmiten e que sexan responsables.

Que sigan activos e fagan deporte dentro da súa casa e que fagan os exercicios que lles mandamos.

Estamos en contacto con eles para ver que tal se atopan.

La entrada Entrevista a Iván Gómez. Adestrador do cadete B. se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Entrevista a Iván Gómez. Adestrador do cadete B.

Mas noticias relacionadas