Proposta para os calendarios FGC 2020 (actualizado)

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Tras a reunión extraordinaria desta mañá da Comisión Delegada da Federación Galega de Ciclismo (FGC) a través de medios telemáticos para analizar a situación actual do ciclismo galego e estatal ante a evolución do Covid-19, facilitamos a proposta dos calendarios coas peticións recibidas por parte dos clubes organizadores.

Como informamos con anterioridade, as actividades de escolas do programa Xogade (categorías de base e cadetes) están todas suspendidas. Rogamos que na medida do posible, os organizadores doutros eventos afectados polas cancelacións nos informen dos seus aprazamentos ou suspensións definitivas nesta temporada.

En todo caso, os calendarios quedarán suxeitos a aprobación definitiva da Comisión Delegada da FGC, unha vez que as autoridades permitan retomar a actividade deportiva.


Enlace con la noticia original: Proposta para os calendarios FGC 2020 (actualizado)

Mas noticias relacionadas