Erizana CF – UD Ourense: A conquista do Aral

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense visita o Aral (domingo, 18:00 horas) ca intención de sumar 3 novos puntos que os manteñan unha semana máis no alto da táboa. O rival, o Erizana, xógase a permanencia s será un duro rival. Agárdase un desplazamento masivo do ourensanismo.

Antepenúltima xornada ligueira e os cartuchos vanse queimando pouco a pouco. O momento decisivo achégase e o ascenso está cada semana máis preto, aínda que todavía restan 3 finais para acadar o obxetivo. A primeira delas terá lugar en Baiona e enfrontará os vermellos co conxunto local, o Erizana, que se xoga a vida por manterse unha tempada máis en Preferente Autonómica. Os locais desputarán o encontro no Aral, campo sintético e de dimensións moi reducidas e que lles permitiu sacar bo rédito nas últimas xornadas.

Os de Currás chegan a Baiona cunha racha inmaculada na que levan sumados 25 puntos de 27 posibles, con 8 vitorias e 1 empate e acumulando 9 encontros sen encaixar. Os vermellos chegaron a recta final de competición ca moral polas nubes, un núcleo sólido e cun físico envexable, que permite os vermellos chegar máis frescos que o rival os finais de partido. A elo sumouse a recuperación de xogadores con molestias e lesións, valeirando unha enfermería na que agora mesmo tan só figuran os nomes de Samuel, Unai e Adrián.

O técnico vermello repetirá con toda seguridade o XI das últimas xornadas, aínda que podería haber algunha variación. Pato estará baixo paus, ca liña defensiva habitual conformada por Josu, Corzo, Vieytes e Codeso. Na medular Germán e Luis estarán no dobre pivote con Presas ou Durán de enganche, deixando os postos de tridente ofensivo a Alfredo, Joni e Hugo García.

O rival, o Erizana, chega nun momento delicado. Os pontevedreses marchan décimosetimos con 34 puntos, 2 sobre o descenso directo, pero os arrastres de Terceira condenan de momento os de Baiona, os que so lle vale o triunfo, o que os fai más perigosos. Nos últimos catro encontros coma locais, impuxéronse a Gondomar (2-1) e Estradense (2-0) e caeron ante Mondariz (2-3) e Atios (3-4). Resultados con moitos goles nun equipo no que destaca a figura de Borja Zamorano, un extremo zurdo con moito gol e que suma 20 dianas en competición ligueira.

Non estarán sós os vermellos en Baiona, xa que se agarda un desprazamento masivo de siareiros ourensáns, o club fletou un autobus para a ocasión e serán centenares os que viaxen nos seus coches particulares. Afección, chegou o voso momento, xuntos a polo ascenso.

La entrada Erizana CF – UD Ourense: A conquista do Aral se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Erizana CF – UD Ourense: A conquista do Aral

Mas noticias relacionadas