Excelente xornada sobre Prevención do dopaxe no deporte organizada pola UFEDEGA e a AEPSAD

Excelente xornada sobre Prevención do dopaxe no deporte organizada pola UFEDEGA e a AEPSAD

Hoxe  celebrouse na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (INEF Galicia) o “Seminario sobre Dopaxe: O que debes saber”, organizado pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) e a Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD).

Desenvolvéronse tres relatorios que deron paso a un animado coloquio. A primeira a cargo de Jesús Garrido Escobar, Xefe do Departamento de Educación quen disertou sobre “Conceptos xerais da loita contra o dopaxe”. Acto seguido interveu Marta Soler  González, psicóloga do Departamento de Educación, falando sobre “O persoal de apoio na prevención do dopaxe”. Finalizou a xornada o Xefe da Asesoría xurídica da AEPSAD, Agustín González, abordando as “Consideracións legais da normativa antidopaxe”.


Houbo un gran seguimiento por parte dos estudantes de Educación Física, profesores do centro e dirixentes do ámbito federativo galego. Separadamente do presidente da UDEFEGA, Isidoro Hornillos, tamén asistiu Miguel López Sieiro, Subdirector Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, quen comunicou públicamente a intención do goberno galego de constituír de xeito inminente a Comisión Galega de Prevención e Represión do Dopaxe, un dos temas pendentes da Lei 2/2012 do Deporte de Galicia, en consonancia coas leis estatais.

A xuízo do presidente da UFEDEGA, Isidoro Hornillos, “os obxectivos cumpríronse con fartura”, á vez que reiterou o “agradecimiento aos membros da AEPSAD que se desprazaron a Galicia para concienciar sobre os efectos do dopaxe, non soamente no ámbito federativo senón tamén no popular, analizando así mesmo a contorna xurídica”.


Publicada en: Excelente xornada sobre Prevención do dopaxe no deporte organizada pola UFEDEGA e a AEPSAD» target=»_blank»>UFEDEGA

Mas noticias relacionadas