FONDEVILA xa é vermello

Publicado por: U.D. Ourense

Óscar Fondevila procedente do Ourense CF. chega para reforzar o medio campo Ourensanista. Xogador consolidado na categoría para apuntalar a sala de máquinas vermella.

Importante e nova fichaxe para o noso ilusionante proxecto de cara á estrea de categoría na terceira división, que tivemos o luxo de presentar nas instalacións do noso patrocinador CO.SA.GA.

A piques de cumplir os 28 anos Óscar Fondevila comprometeuse coa nosa entidade para afrontar un novo reto na súa carreira futbolística. Fondevila formouse na canteira do Celta e militou no Coruxo, o filial do Getafe, Compostela, Alondras e a pasada campaña no Ourense CF. Unha traxectoria que avala a súa experiencia e coñecemento da categoría.

Como curiosidade, voltará compartir vestiario con antigos compañeiros coma Pato, Josu, Germán e Presas.

¡Benvido ao Ourense!

La entrada FONDEVILA xa é vermello se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: FONDEVILA xa é vermello

Mas noticias relacionadas