Fútbol 11 / Resúmen da fin de semana

Publicado por: Pabellon C.F.

Os representantes pabellonistas na modalidade de Fútbol 11 completaron unha fin de semana equilibrada en canto a marcadores depois de dúas vitorias, un empate e dúas derrotas.

Na Liga Galega Xuvenil o Pabellón «B» sumaba un punto no campo de Angoares (0-0) contra o Vila do Corpus nun partido con pouca historia e que prolonga a dez as xornadas que os de Anxo Valcárcel levan sumando. Mentres, un gol no primeiro minuto de partido (1-0) levou á derrota do Pabellón «B» no Morrazo contra o Alondras na cita da Liga Galega Cadete. Nos restantes setenta e nove minutos non se movería máis o marcador.

Unha das alegrías da xornada deuna o Pabellón Promesas ao plantarse nas semifinais da Copa Deputación Cadete despois de remontar na segunda metade (1-2) o gol que anotara a EDC Xinzo mediado o primeiro tempo. Nun espazo de dous minutos Ana e Álex Blanco anotaron os tantos da vitoria.

No Play Off da Liga Galega Infantil o Pabellón facíase coa vitoria no Manuel Jiménez (1-4) contra o Arousa. Ao descanso os branquiverdes xa tiñan moito camiño avanzado cun parcial de 0-3 cos tres tantos anotados por Raúl, que tamén faría o cuarto na segunda metade.

En canto á Fase de Permanencia da Liga Galega Infantil, o Pabellón Promesas caía nos Remedios (0-3) diante do Coruxo. Despois dun primeiro tempo sen goles, os tres tantos visitantes cehgarían na segunda parte.


Enlace con la noticia original: Fútbol 11 / Resúmen da fin de semana

Mas noticias relacionadas