O Xuvenil "C" caeu contra o líder

Publicado por: Pabellon C.F.

O Pabellón «C» da 1ª Autonómica Xuvenil viuse superado nos Remedios (2-4) por un Arenteiro moi resolutivo en ataque. Ao descanso os carballiñeses xa mandaban no marcador (0-2) nunha fase na que os pabellonistas tamén tiveron dúas ocasións moi claras, a mellor nun balón ao pao.

Na segunda metade os visitantes ampliarían distancias pero os loctarios reaccionarían ben para meterse de cheo no partido con dous goles de Antón (2-3). Este marcador presaxiaba un choque emocionante nos últimos quince minutos, pero serían os carballiñeses quenes abortarían a opción de empate dos pabellonistas anotando o cuarto tanto que pechaba o partido.


Enlace con la noticia original: O Xuvenil "C" caeu contra o líder

Mas noticias relacionadas