Oficializouse o relevo na presidencia do club

Publicado por: Pabellon C.F.

A oficialidade do relevo tivo lugar na Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrou este luns e que daba por finalizado o proceso electoral. Paco Doforno será o Presidente durante os próximos catro anos e en breve dará a coñecer a composición da súa Xunta Directiva e o seu equipo de traballo no ámbito deportivo.

Nesta Asemblea tamén se fixo a proposta para que Juan López «Juanín», cunha traxectoria de corenta anos no club, sexa o Presidente de Honra da entidade pabellonista. Quen sí continuará na súa función de Coordinador ata fin de tempada será José Luis Dibuja.


Enlace con la noticia original: Oficializouse o relevo na presidencia do club

Mas noticias relacionadas