Ribeiro FC 0-5 UD Ourense: O Ourense conquista San Cristovo cun repoker

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense supera por 0-5 o Ribeiro e sitúase a 2 puntos do ascenso directo cun partido menos. Vendaval vermello na segunda metade para acadar o triunfo nun campo no que o ourensanismo todavía non fora quen de celebrar unha vitoria. 3 de 3 para un Ourense que xa pensa no venres e no partido fronte O Grove.

O ourensanismo segue soñando co ascenso a Preferente. O Ourense deu un cambio drástico nas últimas semanas e tras dous triunfos coma local en O Couto, firmou unha nova vitoria a domicilio. Se fai unhas xornadas, o equipo parecía ter tocado fondo, os pés apoiaron terra e impulsáronse novamente para darlle a volta a situación. Coa moral recargada, con lesionados recuperados, ca chegada de Presas e cun cambio de dinámica, as diferenzas co ascenso directo reducíronse a 2 puntos e cun partido menos no caseleiro de desputados e que se desputará este venres en O Grove.

A Preferente é unha categoría dura, que nesta ocasión converteuse nunha das máis desputadas que se recordan, con 7 equipos na pelexa. As diferenzas so mínimas e os tropezos unha constante entre os equipos de arriba. O Ourense sufriuno fai xornadas nas súas carnes e agora estalle tocando os seus rivais.

O partido comezou con dominio vermello sobre un terreo de xogo que non estaba nas súas mellores condicións e que deu o primeiro susto da tarde a parroquia ourensanista, maioría en San Cristovo. Un disparon lonxano e sen perigo, envelenouse tras un bot ee obrigou a Pato a intervir. Foi unha das únicas ocasións dos locais no primeiro acto. Os vermellos dominaban o coiro con claridade e esperaban un erro do rival, moi repregado sobre un terreo de xogo con medidas moi reducidas.

Foi unha primeira metade moi táctica tal e como se esperaba, na que o marcador podía romperse nunha xogada illada. Germán foi quen de perforar a meta rival antes do descanso, cun remate de cabeza nun centro lateral . A fortuna, esquiva noutras ocasións, estivo desta vez de parte dos vermellos, que marchaban o descanso con vantaxe para ledicia do ourensanismo que ateigaba o prado do Souto.

Na segunda metade, os locais terían a oportunidade de empatar nunha primeira chegada de perigo, pero a volea do dianteiro marchaba fora. Foi a segunda ocasión dos locais e a única na segunda metade. Acto seguido, Hugo faría o segundo cun remate dende fora que collía efecto e se colaba na meta de Xoan tras tocar no pao.

Un minuto despois, chegaba o terceiro da tarde, cun testarazo de Josu a saída dun saque de curruncho, que deixaba o partido todavía máis sentenciado. Currás aproveitou para facer cambios e dar entrada a Unai, Luis e Durán en detrimento de Corzo, Presas e Alfredo. O técnico apostou de inicio por Julio Martínez no eixe da zaga e recompuña fila retrasando a Germán a defensa ca entrada de Luis e Durán na medular.

A boa nova púxoa Fran Martínez, que reaparecía tras varios meses lesionado. O mediocentro de Vilardevós voltou a desfrutar de minutos sobre o céspede e a enfermería de longa duración valeirase definitivamente. Chegou o cuarto tanto vermello a quince do final, cun autogol dos locais, obra de Bruno. Josu estrelou un balón no pau pouco despois.

No 85 chegaría o quinto e definitivo, nun novo autogol amarelo tras un erro de Miguel. O marcador xa non se movería e o Ourense confirmaba a súa terceira vitoria consecutiva, 9 de 9 e a pensar xa no partido do venres en O Grove, no que no caso de acadar a vitoria, os vermellos regresarían a postos de ascenso directo novamente. A escalada vermella prosegue

#Rendersenonéunhaopción

La entrada Ribeiro FC 0-5 UD Ourense: O Ourense conquista San Cristovo cun repoker se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Ribeiro FC 0-5 UD Ourense: O Ourense conquista San Cristovo cun repoker

Mas noticias relacionadas