Rubén Arce, primeira fichaxe da UD Ourense

Publicado por: U.D. Ourense

O extremo ourensán, Rubén Arce, convertese na primeira incorporación do conxunto vermello de cara a vindeira tempada. O xogador chega procedente do Arenteiro, clube no que desputou a última tempada. Reforzo de luxo para o ataque dos de Currás.

Era un segredo a voces nas últimas semanas e fíxose oficial nos últimos días. Rubén Arce (Barbadás, 7-2-1991) vestirá a elástica vermella a vindeira tempada. O xogador chegou a un acordo co Ourense para lucir as súas cores en Terceira División. Arce regresa desta forma a que foi a súa casa durante varias tempadas, cando militou no extinto Clube Deportivo Ourense, co que desputou numerosos encontros na última tempada do clube en competición, da man de Luisito.

Arce é un extremo esquerdo que tamén pode actuar coma 9, e incluso por detrás do dianteiro. Trátase dun xogador moi desequilibrante e que destaca polos seus cambios de ritmo e polo olfato goleador. A pasada tempada, vestindo as cores do Arenteiro, anotou 14 tantos en Liga, o que lle valeu para ser elexido coma o mellor xogador da categoría, despois de que os do Carballiño acadasen a permanencia. Acabou a tempada como o sexto máximo realizador da categoría.

Arce formouse na base do Pabellón e de Clube Deportivo Ourense. Sería precisamente co conxunto de O Couto, co que debutaría en Segunda División “B”, da man de Luisito, que lle deu a alternativa en 7 partidos ligueiros e en varios da Copa Federación, título que acadou cos ourensás, ademáis de sumar unha Copa Deputación co filial esa mesma campaña. Trala desaparición do clube, puxo rumbo a Barbadás, onde estivo unha tempada, antes de enrolarse no proxecto do Barco. De Calabagueiros emigraría a Espiñedo, onde foi peza clave no bo facer do Arenteiro no seu regreso a Terceira División.

Xogador con amplo coñecemento da categoría e que ven a reforzar a parcela ofensiva do clube. ¡Benvido a túa casa, benvido o Ourense!

La entrada Rubén Arce, primeira fichaxe da UD Ourense se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Rubén Arce, primeira fichaxe da UD Ourense

Mas noticias relacionadas