SD Orzán – UD Ourense: A conquista da cidade herculina

Publicado por: U.D. Ourense

O conxunto feminino da UD Ourense rende visita o Orzán. As vermellas procurarán voltar con 3 puntos para tratar de achegarse a sexta praza, en propiedade do Mos. O rival chega acuciado polas necesidade de sumar para escapar da parte baixa da táboa.

O Ourense feminino volta a xogar lonxe da cidade de As Burgas e esta vez faino en A Coruña, onde agarda o Orzán. As vermellas, que caeron no seu último encontro ligueiro fronte o Mos en terras viguesas, queren recuperar o sorriso con 3 puntos que os manteñan na pelexa pola sexta praza, que precisamente obstenta o Mos.

Partido ante un conxunto da parte baixa da táboa, que marcha en décimosegunda posición e que conta cunha vantaxe de 4 puntos sobre os postos de descenso. As coruñesas suman dous partidos consecutivos sen gañar, nos que acadaron un empate e unha derrota, a pasada semana fronte o Milagrosa por 2-0. As herculinas son un rival doado de superar cando actúan coma local, e así o amosan as estatísticas, nas que suman un só triunfo, 3 empates e 6 derrotas.

Rubén García conta con case toda a súa artillería para este encontro. Proseguen lesionadas Mónica, Aldara e Lucía. O técnico deixou fora da convocatoria a Aída e a recén chegada, Noa. As vermellas optarán por un esquema táctico moi similar o do encontro da pasada semana, aínda que podería haber algunha variación na medular.

Estas son as 16 convocadas por Rubén García para o encontro: Noe, Celia, Maria, Pacy, Lo, Andrea, Feijoo, Sofía, Dana, Cris, Nerea, Silvia, Jani, Zaira, Emma e Laura.

As nosas buscan un triunfo para superar a barreira dos 30 puntos e seguir crecendo nunha categoría competitiva e na que as nosas seguen amosando unha gran imaxe cada fin de semana e levando orgullosas o noso escudo e o nome da nosa cidade por toda a xeografía galega.

La entrada SD Orzán – UD Ourense: A conquista da cidade herculina aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: SD Orzán – UD Ourense: A conquista da cidade herculina

Mas noticias relacionadas