UD Ourense – Alertanavia: Primeira final das 14 que restan

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense recibe en O Couto o Alertanavia (17:00 h.), nun encontro no que os vermellos buscarán prolongar a súa racha de vitorias trala acadada en Beluso. Os vermellos queren voltar a dar unha ledicia a súa afección trala derrota fronte o Porriño. Alfredo regresa a convocatoria.

Primeira final para o Ourense no seu camiño cara o ascenso a Preferente. Restan 14 xornadas para a conclusión da liga e as necesidades comezan a acuciar os contendentes. 8 equipos pelexan pos 2 postos de ascenso directo ou na procura dun playoff que non asegura unha praza en categoría nacional a seguinte tempada. Unha das Preferentes máis desputadas que se coñecen e que deixa sorpresas cada fin de semana.

Os ourensanistas reciben neste trascendental partido a visita do Alertanavia, equipo da parte baixa, que conta cun marxe de 3 puntos sobre o descenso directo. Os vigueses acumulan tres derrotas consecutivas, o que o fixo coquetear cos postos da parte baixa da táboa. No encontro de ida no Manuel Pahiño, sorprenderon os nosos e acabaron sumando un valioso punto que freaba a nosa racha positiva de resultados.

Fernando Currás recupera para a contenda a Alfredo, que pasou as últimas semanas no dique seco debido a unha lesión. Fran Martínez prosegue a súa recuperación e non será da partida, o igual que Hugo, que se retirou lesionado en Beluso e que ademáis viu o quinto cartón amarelo, polo que deberá cumplir ciclo. Boas noticias para os vermellos, que xa teñen a 5 xogadores co ciclo de cartón cumpridos e a enfermería cada vez máis valeira.

O XI, coma é costume, será unha incógnita ata unha hora antes do encontro, pero agárdanse poucas novidades. Pato defenderá a meta, cunha liña defensiva composta por Josu, Corzo, Vieytes e Codeso. Na medular formarán Germán, Luis e Rubén Durán, deixando os postos de ataque a Joni, Unai e Adrián.

Tres puntos moi importantes para o devir dos vermellos, que buscan sumar e agardar algún tropezo tanto de perseguidores coma de antecesores. Coas xornadas reducíndose, os erros páganse máis caros. O triunfo é a única opción en O Couto e para eso precisamos da nosa afección.

 

La entrada UD Ourense – Alertanavia: Primeira final das 14 que restan aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – Alertanavia: Primeira final das 14 que restan

Mas noticias relacionadas