UD Ourense 1-1 Monterrei CF: O average convida a seguinte rolda

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense clasifícase para semifinais da Copa Deputación tras empatar 1-1 no encontro de volta fronte o Monterrei. Os de Currás, que optou pola rotación total, clasifícanse polo valor dobre dos goles en campo contrario. Velle, Maside e Allariz posibles rivais.

Di a parroquia vermella, en conversacións na grada, que non seríamos o Ourense, senón soupéramos sufrir. Un encontro máis, segundo consecutivo, a xogada decisiva que cambiou o sino da historia, chegou nos últimos compases. De esta vez, foi un penalti por suposta man dun xogador visitante, que se encargou de transformar Fran Martínez para acadar o empate, que daba o pase a seguinte rolda copeira. Os vermellos ata entón dispuxeron de moitas ocasións, pero tamén tiveron réplica dun Monterrei, que xogou un gran encontro sobre o céspede de O Couto.

Nos prolegómenos do encontro, homenaxeuse a Pataco, ex xogador de Clube Deportivo Ourense, e unha das referencias do equipo na famosa Liga dos 30 partidos /30 vitorias. Posteriormente ficharía polo Atlético de Madrid. Pataco foi un dos millores xogadores que vestiron a elástica do Ourense.

O choque comezou con dominio vermello, namentres o Monterrei repregaba líneas, reforzando as coberturas defensivas e tratando de impedir combinacións nas últimas fases do terreo de xogo. Currás apostou por unha revolución total, para dar descanso a todos os xogadores con minutos no último encontro ligueiro. O xuvenil Carral formou baixo paus e a zaga ocupárona Xurxo, Tito Currás, Julio Martínez e Oli. O dobre pívote decaeu en Aitor e Omar, con Ismael de enganche, Carlos e Xoel nas bandas e Unai en punta de lanza.

Ismael, que debutaba en partido oficial co Ourense, foi un dos máis activos nos primeiros minutos, asociándose moi ben cos compañeiros e desequilibrando con facilidade. Carlos tivo a primeira aproximación do partido cun disparo lonxano, que rexeitou a defensa. O Monterrei deu a réplica a contra por mediación de Pedro, pero Carral detiña o coiro. Luis Ossorio voltaba gozar doutra oportunidade para os visitantes, pero o remate marchábase desviado.

O cadro do val de Monterrei non viña a O Couto de paseo e amosouno dende o minuto 1. Moita intensidade, moi ben repregados e tratando de aproveitar o máximo as súas oportunidades, buscando a velocidade e desbordes dende as bandas, onde puxeron en jaque en máis dunha ocasión os zagueiros vermellos, quenes tiveron que esforzarse o máximo para evitar o tanto inicial dos visitantes.

O partido entraba nunha fase trepidante. Carlos obrigaba a Andrés a lucirse e pouco despois era Julio Martínez o que desbarataba unha oportunidade de Añel, que remataba forzado a porta baleira, obrigando o central a despexar baixo paus. O partido encaraba a recta final e tras un tanto anulado a Unai por fóra de xogo, chegou o tanto inaugural, obra dos visitantes, que por mediación de Luis Ossorio, se adiantaban en O Couto.

Tralo tanto, o Ourense deu un paso adiante. Omar probou sorte cun disparo dende a frontal, pero Andrés detivo sen problemas e Carlos topouse ca cruceta. Entre medias, Unai retirábase lesionado, laiándose do hombreiro, que finalmente tan só quedou en un susto. Fran Martínez entraba no seu lugar.

Na segunda metade, comezou o asedio vermello a meta rival, que se intensificaba co paso dos minutos e que tamén tivo algunha réplica de parte dos rivais, obrigando a Carral a intervir. Currás daba entrada a Durán en detrimento de Xurxo, buscando máis potencial de cara a porta. Sería o mediapunta o que disporía da primeira clara do segundo acto, cun tiro raso que detiña Andrés.

O preparador seguía movendo ficha e daba entrada a Presas en sustitución de Ismael. Comezaba entón o asedio da meta. Primeiro cun remate de Durán quedetiña o porteiro, pouco despois era Xoel o que remataba fora de cabeza. Tentabao Durán nun lanzamento de pau, pero o coiro estrelábase na madeira. Os minutos corrían e chegábamos o 80, con intervención de Carral salvadora, na que puido ser a sentencia do Monterrei.

Xoel no atinaba a resolver nun man a man co meta rival e 3 minutos despois, chegaba a xogada polémica do encontro, cun centro dende a banda que rexeitaba un xogador do Monterrei a saque de curruncho tirándose o chan e o colexiado decretaba a pena máxima, o entender que lle tocaba na man. Fran Martínez foi o encargado de transformar a pena máxima e devoltar a igualada o marcador, ademáis de asegurar o pase con ese resultado.

De ahí o final, o Ourense puido matar o partido a contra en ata 3 ocasións consecutivas de Xoel e o Monterrei buscouno colgando balóns, pero o marcador xa non se movería. O final, clasificación da UD Ourense, que xa espera rival e sairá de entre Maside, Allariz e Velle.

Consulta a Galería de imaxes:

FLICKR

La entrada UD Ourense 1-1 Monterrei CF: O average convida a seguinte rolda se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 1-1 Monterrei CF: O average convida a seguinte rolda

Mas noticias relacionadas