UD Ourense 5-0 SDC Milagrosa: Goleada vermella para seguir sumando

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense supera o Milagrosa nos Remedios con un contundente 5-0. As de Rubén García moi superiores durante todo encontro, atopan o camiño do gol na segunda metade, tras marchar o descanso vencendo por 1-0. Gran imaxe das nosas.

Partido de dominio claro por parte das ourensanas, ainda que o primeiro gol non chegaría ata o minuto 38, nunha xogada de mala fortuna para a porteira visitante, que ata ese momento se mostrara moi segura. Feijoo colgaba un balón desde a banda esquerda, que se envelenaba e a gardaredes visitante non era quen de blocalo rematando o balón dentro da portería.
Antes do gol sucedéronse as ocasións para o Ourense. Primeiro cunha doble oportunidade de Nerea, que controlaba un pase de Cris dentro da área, pero a porteira estivo rápida na saída tapando ben a súa porta. O rexeite non eran quen de sacalo as defensoras e Nerea volvía a conectar un remate cruzado dentro da área que volvía a deter a porteira.
Despois era Cris quen conectaba un disparo desde fora da área obrigando á porteira a estirarse abaixo. As ocasións sucedíanse, pero non conseguían as locais adiantarse ata a xogada de fortuna de Feijoo. Co un a cero chegábase ao final do primeiro período.
Na segunda metade Rubén daba entrada primeiro a Laura en sustitución de Silvia e logo a Sofía por Jani que acababa de ver cartón por protestar. Aos 5 minutos da reanudación cambiaba o xogo Nerea desde a esquerda para Laura, que se marchaba da súa marcadora dentro da área e servía un balón a Emma, que controlaba e batía á cancerbeira de forte disparo.
A continuación probaba sorte Laura desde a frontal de forte disparo obrigando á porteira a estirarse para realizar unha parada de mérito. Entraban Aida por Nerea e Zaira por Emma.
No 71, chegaba o 3-0 cun golazo de Dana, que poñía en pé á bancada pola extraordinaria xogada que o precedeu. Inicia a xogada a propia Dana tocando para Cris na frontal, que ve como Dana fai unha incursión ás espaldas das centrais e cunha sútil vaselina pásalle o balón a centrocampista, que bate á porteira rival cun tiro cruzado.
No 80, chegaba un novo golazo. Saque de esquina que remata Paci de volea no segundo pau, o rexeite chega a Laura que desde 20 metros conecta un forte disparo cruzado que entra a rentes do pau. No 86, centro de Cris desde a dereita que controla Loh no punto de penalti e fusila a porta das lucenses. Partidazo das nosas que se reflicte no marcador.
Preme sobre a imaxe para visualizar a reportaxe fotográfica do partido 
 UD OURENSE FEM vs SCD MILAGROSA

La entrada UD Ourense 5-0 SDC Milagrosa: Goleada vermella para seguir sumando aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense 5-0 SDC Milagrosa: Goleada vermella para seguir sumando

Mas noticias relacionadas