UD Ourense – Maside FC: Primeiro asalto nas semifinais da Copa Deputación

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense recibe este xoves (18:00 horas) en O Couto al Maside FC na ida das semifinais da Copa Deputación. Os vermellos buscarán un bo resultado e apostarán polas rotacións como en encontros anteriores. A espera da penúltima xornada de Liga, boa é a a Copa.

Recta final para un Ourense lanzado cara o ascenso a Terceira División, pero que non da a espalda a Copa Deputación e arrinca as semifinais recibindo o Maside no estadio de O Couto. Un encontro que servirá para ver en acción a homes menos habituais e a prolífica canteira vermella que va dando xa os seus primeiros froitos. Os nosos competirán por acadar un bo resultado antes de viaxar a Outeiro Grande para o encontro de volta.

Fernando Currás aproveitará o encontro para optar polas rotacións e dar minutos a homes que contan con menos encontros desputados o longo da tempada. O técnico non poderá contar con Samuel, Unai e Adri, lesionados, pero tamén dará descanso os homes con máis minutos. Agárdase unha revolución total no XI. A portería recaerá nun dos cancerbeiros do filial. Na zaga formarán Xurxo, Tito Currás, Julio Martínez e Oli. A medular será para un trivote formado por Aitor, Omar e Isma coma enganche. Nas bandas posiblemente estarán Fran e Carlos, deixando a Xoel a punta de ataque.

Os vermellos preséntanse no encontro tras desfaguerse de Ribeiro e Monterrey. Os vermellos empataron cos amarelos 1-1 no encontro de ida e golearon na volta por 5-1. Na seguinte rolda superaron o Monterrei grazas o gol average. Na ida en terras visitantes empataron 2-2 e na volta rascaron un novo empate 1-1. Oportunidade de ouro para estar na final da Copa de Preferente e Primeira por primeira vez na historia, pero antes toca superar o Maside.

O Maside chega o encontro tras superar na primeira rolda o Viana por 0-2. En oitavos tiveron que remontar diante dun Cortegada que se impuxo na ida por 1-0, pero os masidaos venceron 4-1 na volta, accedendo a cuartos. Na seguinte rolda o rival foi o Francelos, o que venceron en ambos encontros, 4-1 en Outeiro Grande e 1-3 en Valboa. En Liga marchan en oitava posición con 46 puntos en 33 xornadas e aunha para que remate a Liga. Un equipo no que haberá que poñer especial atención en Obenza e Canexón, o primeiro polo olfato goleador e o segundo pola calidade individual e o desborde.

O Ourense busca a final de Copa e para eso necesítase. Siareiro, non faltes a cita.

La entrada UD Ourense – Maside FC: Primeiro asalto nas semifinais da Copa Deputación se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – Maside FC: Primeiro asalto nas semifinais da Copa Deputación

Mas noticias relacionadas