UD Ourense – Umia CF: Rival correoso na procura da vitoria

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense enfrontase en Velle as 12:00 horas do domingo o Umia CF. As nosas buscarán un triunfo tras 4 xornadas sen sumar os 3 puntos. O rival acumula 4 vitorias en 5 encontros e esta inmerso na loita polos postos de cabeza.

Nova xornada ligueira para as nosas rapazas, na que voltan o Monta da Aira de Velle para recibir o Umia en horario matinal de domingo. As de Rubén García chegan a cita necesitadas de sumar puntos para acadar canto antes os 40 puntos que marcan a salvación virtual. Tras varios encontros no que mereceron mellor fortuna, toca recibir a outro dos cocos da categoría e que chega en racha ascendente.

Rubén García contará para este encontro con 5 baixas. Mónica e Jani, lesionadas de larga duración, non serán da partida. Tampouco estarán dispoñibles Feijoo, que se retirou a pasada fin de semana con mareos e que ten unha lesión nunha man, nin Cris e Lucía. Regresa a convicatoria Loh. O técnico citou para este encontro a Noe, María, Celia, Pacy, Loh, Andrea, Sofía, Dana, Aída, Nerea, Noa, Laura, Silvia, Aldara, Emma e Zaira.

As vermellas farán variacións coa volta dalgunha dos seus pilares básicos. Tras deixar un gran sabor de boca fronte o Interrías, onde a pesar do resultado de 3-0, houbo moitasocasións para sacar un bo resultado, reciben agora a outro dos clubes punteiros e que chega a Ourense coa etiqueta de rival correoso, que permite poucas ocasións, encaixando tan só 29 goles. Na faceta ofensiva son o cuarto equipo que máis tantos anota, xerando sempre moito perigo. Destaca a aportación goleadora de Alba Ferre, que suma 16 tantos en competición.

Trala suspensión do partido do masculino, oportunidade de ouro para acudir na mañá do domingo a apoiar as nosas ante un gran rival. Monte da Aira debe ser unha caldeira para que non se escapen os puntos.

La entrada UD Ourense – Umia CF: Rival correoso na procura da vitoria se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: UD Ourense – Umia CF: Rival correoso na procura da vitoria

Mas noticias relacionadas