Viajes Interrías 3-0 UD Ourense: A efectividade marca as diferenzas e condena as ourensás

Publicado por: U.D. Ourense

Derrota da UD Ourense na súa visita o Viajes Interrías, nun partido na que as locais anotaron 3 tantos nas súas 3 chegadas a porta rival e no que as nosas, non foron quen de ver portería a pesares de gozar de boas ocasións.

Chegaba o Ourense a Villalonga ca intención de facer un bo papel ante un dos clubes punteiros da categoría. Chegaban as vermellas con moitas baixas por lesión e con tan só 14 convocadas e con moita xogadora xoven formando de inicio. As nosas deron a cara nun campo moi difícil e ante un rival que acumulaba 5 vitorias consecutivas e que está lanzado cara o segundo posto. Como de costume, as xogadoras de Rubén García deron a cara e fixeron un gran papel.

O encontro comezou con frío, choiva e vento, especialmente molesto este último, xa que evitou un xogo máis fluido e decantou a balanza en determinados momentos do encontro, cando soplaba a favor do ataque das locais. O partido arrincou cun Ourense moi concentrado e desputándolle a posesión o seu rival. Aída dispuxo da primeira ocasión do encontro cun remate que se marchpu desviado da porta rival.

O partido non estaba tendo moitas ocasións, ata que chegou unha xogada que declinou a balanza en favor das locais. Boa xogada colectiva iniciada dende atrás e que culminaba Lidia cunha vaselina ante a saída de Noe no man a man. O tanto non supuxo un xarro de auga fría para as vermellas, que xogaron de negro, senón que as avivou moito máis e lanzáronse sobre a meta rival. Laura dispuxo de dúas ocasións seguidas para anotar. Na primeira o seu remtae marchouse desviado e na segunda, obrigou a intervir a cancerbeira, que desviou o coiro de forma maxistral.

Tralo paso por vestiarios, o Interrías logrou frenar a sangría defensiva que estaba a sufrir nos últimos minutos do primeiro acto e a saida dun saque de esquina chegou o segundo tanto das locais, no que Raiane anotaba o segundo de cabeza tras un erro defensivo das nosas.

O tanto a postre sería definitivo, aínda que as nosas puideron voltar a meterse no encontro. Zaira e Nerea tiveron dúas boas ocasións para anotar, pero non acertaron nos seus remates. A propia Nerea provocaría un penalti pouco despois, pero o colexiado obviou a clara man da zagueira rival, que cortaba o esférico.

Bárbara fixo o terceiro das locais a contra, en posición de fora de xogo e Laura fixo que Jacinta tivese que voar ata a escadra para evitar o tanto ourensán. O final, vitoria das locais nun partido no que as nosas non mereceron o castigo que reflexou o marcador.

 

La entrada Viajes Interrías 3-0 UD Ourense: A efectividade marca as diferenzas e condena as ourensás aparece primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Viajes Interrías 3-0 UD Ourense: A efectividade marca as diferenzas e condena as ourensás

Mas noticias relacionadas