Victoria CF “B” – UD Ourense: Loita pola sétima praza en terras coruñesas

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense viaxa na matinal do domingo ata terra coruñesas para verse as caras co Victoria CF “B” a partir das 12:00 horas. O cadro que dirixe Rubén García viaxa con moitas baixas e recomperá o seu esquema táctico. As ourensás defenden a sétima praza ante un rival que marcha a 3 puntos das vermellas.

Antepenúltima xornada na Primeira División Feminina e o Ourense prosegue co seu calvario de lesións. As baixas xa coñecidas de Jani, Moni e Sofía, sumáronse nesta última semana Pacy e Dana, que acabaron tocadas o encontro fronte o Atlético Arousana. Ademáis sumouse a marcha de Aída, que abandonou o equipo por motivos de saude.

Moitas baixas para un encontro no que as vermellas se enfrontan a un rival directo na loita pola sétima praza. O conxunto coruñés chega o encontro tras caer derrotadas no seu último encontro fronte o Milagrosa por 3-0. Nos últimos 5 partidos sumaron 3 vitorias e 2 derrotas, o que lles permitiu acadar a salvadción matemática e escalar posicións. No que vai de tempada suman 34 puntos, anotando 48 goles e recibindo 68, sendo un dos conxuntos que máis tantos recibe. As nosas deberán estar moi atentas a Ana e Laura, que suman 12 e 8 goles respectivamente.

As vermellas afrontan este encontro tras unha exhibición a pasada semana fronte o Atlético Arousana que se saldou cun inxusto empate 2-2. Nos últimos 5 encontros sumaron ademáis 2 triunfos e 2 derrotas. Rubén García verase obrigado a recompor o seu esquema táctico polas baixas. Noe perfilase como titular baixo paus, cunha liña defensiva formada por Celia e Andrea nos laterales e Loh e María coma centrais. Na medular situaranse Cris e Nerea, que retrasan as súas posicións. Noa actuará como mediapunta, deixando as bandas para Silvia e Lau e a punta de ataque para Zaira.

As vermellas queren loitar nestas últimas 3 xornadas por conservar a sétima praza e para elo tentarán traerse un resultado positivo do Leyma. A convocatoria estará conformada por Noe, María, Nerea, Silvia, Emma, Laura, Celia, Andrea, Cris, Zaira, Aldara, Loh, Feijoo e Noa.

 

La entrada Victoria CF “B” – UD Ourense: Loita pola sétima praza en terras coruñesas se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: Victoria CF “B” – UD Ourense: Loita pola sétima praza en terras coruñesas

Mas noticias relacionadas