CD Moaña – UD Ourense: O tren de ascenso pasa polo Morrazo

Publicado por: U.D. Ourense

A UD Ourense visita este domingo (18:00 horas) Moaña para enfrontarse o conxunto local, nun duelo directo polo ascenso. Os de Currás buscarán prolongar a súa boa racha unha xornada máis e sumar un bo resultado ante un rival directo para conservar o liderato da categoría e desbancar da loita a un dos rivais directos.

O tren do ascenso segue transcorrendo polas paradas habituais e a un bo ritmo. Sete xornadas pasaron xa dende a derrota en Marcón e o cambio de dinámica non so foi unha realidade, senón un momento clave para voltar a situarse líderes. Os vermellos gañaron 6 dos últimos 7 encontros, concedendo un empate na súa visita O Grove. Un traballo inspirado na parcela defensiva, onde o Ourense convertiuse nun equipo que non encaixa, o último tanto recibido produciuse precisamente fronte o Marcón. O bo bagaxe defensivo deixou os ourensás como o conxunto menos goleado, a elo sumouse o bo momento ofensivo, que permitiu os de Currás situarse entre os conxuntos máis realizadores do campionato.

O tren para mañá en Moaña, un praza moi compricada e un rival que está a 5 puntos dos vermellos despois de 2 derrotas consecutivas que fixeron os do Morrazo perder os postos de ascenso directo. Unha final a falta de 5 xornadas, xa que en caso de derrota e dependendo doutros resultados, os moañeses poderían quedar a 8 puntos das prazas de ascenso con 12 por desputarse.

Os locais contarán ca vantaxe dun terreo de xogo no que os ourensás acostuman a sufrir polas dimensións, aínda que nos últimos encontros os de Currás son uns habituais puntuando fora da casa e adaptándose a tódalas circunstancias. O de mañá non será solo unha nova final polo ascenso, senón un desos encontros que poden decidir e decantar un ascenso.

O técnico apostará con toda seguridade por un XI moi similar o do pasado domingo fronte o Gondomar. Pato estará baixo paus, cunha liña defensiva conformada por Josu, Vieytes, Corzo e Codeso. Na medular, Germán e Luis actuarán no dobre pivote, deixando a dúbida na mediapunta de se actuarán Presas ou Durán. En ataque o tridente voltará a ser a referencia con Joni e Alfredo nas bandas e Hugo García, superadas xa as súas molestias en ataque.

Non estarán so os vermellos xa que agárdase un desprazamento masivo de afeccionados ourensanistas, que xa compretaron o bus fletado pola peña Vedette e que tamén se desprazarán en masa nos seus coches particulares. Son moitos os que xa se atopan en terras moañesas, nun partido que se presenta coma unha nova festa para a Preferente Grupo Sur.

La entrada CD Moaña – UD Ourense: O tren de ascenso pasa polo Morrazo se publicó primero en Unión Deportiva Ourense.


Enlace con la noticia original: CD Moaña – UD Ourense: O tren de ascenso pasa polo Morrazo

Mas noticias relacionadas