“A UNIÓN FAI A FORZA. AS FEDERACIÓNS SOMOS PARTE DE XOGO” FOI O ESLÓGAN SOBRE O QUE VIROU A XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLA UFEDEGA EN SANTIAGO

Publicado por: UFEDEGA

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu a xornada, que se desenvolveu na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago

Este tipo de simposios informativos destinados a todas as federación deportivas de Galicia son unha das prioridades marcadas polo actual presidente da UFEDEGA, Rafael Louzán

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu a xornada, que se desenvolveu na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago
Este tipo de simposios informativos destinados a todas as federación deportivas de Galicia son unha das prioridades marcadas polo actual presidente da UFEDEGA, Rafael Louzán

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2019

O salón de actos “Amancio Amaro” da sede de Santiago da Real Federación Galega de Fútbol foi testemuña este luns dunha interesante xornada organizada pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEGEDA). Unha xornada titulada “As federacións somos parte do xogo” e que contou con relatores de prestixio como Borja Ríos, especialista e dereito laboral en Garrigues, e Miguel Juane, presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, e o presidente da UFEDEGA, Rafael Louzán, foron os encargados de inaugurar esta xuntanza de traballo, para a cal estaban convocadas todas as federacións deportivas de Galicia. Tratouse dunha xornada informativa coa que se pretendía aclarar moitas dúbidas no referente á xestión laboral dos deportistas e tamén no relativo ás competencias e función das diferentes federacións.
Borja Ríos traballa no despacho Garrigues como especialista en dereito laboral e precisamente sobre esta temática virou o seu relatorio, titulado “Cuestións laborais na contratación. Lei do voluntariado”.
Miguel Juane, pola súa banda, é un dos grandes especialistas de dereito deportivo en Galicia e España e perfecto coñecedor das funcións que lles corresponden ás federacións. Presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva é a persoa idóneo para informar sobre “Competencias delegadas pola administración ás federacións”.
Foi, sen dúbida, unha xornada moi necesaria co obxectivo de aclarar moitas dúbidas existentes no mundo do deporte. Precisamente era esta unha das prioridades do actual presidente da UFEDEGA, Rafael Louzán, que anunciou que a deste luns foi a primeira dunha serie de xornadas formativas acordadas pola Xunta Directiva da UFEDEGA.

La entrada “A UNIÓN FAI A FORZA. AS FEDERACIÓNS SOMOS PARTE DE XOGO” FOI O ESLÓGAN SOBRE O QUE VIROU A XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLA UFEDEGA EN SANTIAGO se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: “A UNIÓN FAI A FORZA. AS FEDERACIÓNS SOMOS PARTE DE XOGO” FOI O ESLÓGAN SOBRE O QUE VIROU A XORNADA DE FORMACIÓN ORGANIZADA POLA UFEDEGA EN SANTIAGO

Mas noticias relacionadas