A XUNTA DIRECTIVA DA UFEDEGA SE REÚNE PARA VALORAR OS POSIBLES ESCENARIOS FUTUROS DE VOLTA ÁS COMPETICIÓNS

Publicado por: UFEDEGA

Os presidentes das Federacións Autonómicas Deportivas móstranse moi preocupados pola situación actual do deporte

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

Esta mañá se reuniron os membros da Xunta Directiva da UFEDEGA para tratar a situación do deporte federado galego. Nesta reunión participaron os presidentes das federacións deportivas Galegas de Fútbol, Baloncesto, Balonmán, Ciclismo, Taekwondo, Judo, Karate, Salvamento e Socorrimo como membros da Xunta Directiva, ademais nesta ocasión tamén foron invitadas a participar as Federacións Galegas de Rugby, Hóckey, Patinaxe, Béisbol e Natación.

O asunto principal da reunión foi tratar os diferentes escenarios futuros de volta ás competicións, os presidentes das federacións deportivas autonómicas trasladaron a súa preocupación ante a falta de información sobre o inicio da práctica deportiva de contacto.

Outro dos temas debatidos na Xunta Directiva foi a responsabilidade das entidades federativas, clubs ou deportistas a hora de volver ó inicio da actividade competitiva.

Foi, sen dúbida, unha reunión moi necesaria co obxectivo de valorar a situación das diferentes federacións deportivas galegas e de marcar unha folla de ruta común a seguir.

La entrada A XUNTA DIRECTIVA DA UFEDEGA SE REÚNE PARA VALORAR OS POSIBLES ESCENARIOS FUTUROS DE VOLTA ÁS COMPETICIÓNS se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: A XUNTA DIRECTIVA DA UFEDEGA SE REÚNE PARA VALORAR OS POSIBLES ESCENARIOS FUTUROS DE VOLTA ÁS COMPETICIÓNS

Mas noticias relacionadas