Publicado por: UFEDEGA
Poderán ser beneficiarios as persoas físicas que sexan deportistas federados, de categorías de base ata absoluta, e exclusivamente de modalidades deportivas individuais (excluíndose, por tanto, os practicantes de deportes de equipo) de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Que posuíran ficha federativa por algún club deportivo da provincia de Ourense durante a temporada 2017-2018.
b) Aqueles deportistas que non posúan licenza federativa por ningún club ourensán na temporada 2017-2018 pero, malia o anterior, se mantivesen vinculados ao deporte ourensán durante esa temporada, sempre que exista unha causa xustificativa do feito de que non dispoñan de licenza federativa nun club ourensán, como a inexistencia de clubs ourensáns desa disciplina ou especialidade deportiva, a inadecuación destes clubs para o seu nivel de rendemento deportivo ou a necesidade de residir fóra de Ourense por motivos familiares, laborais ou académicos, ou calquera outra causa que xustifique a dita circunstancia.
BOP CONVOCATORIA AXUDAS DEPORTISTAS 2017-2018
La entrada Convocadas as “Axudas a depotistas ourensanos cualificados 2017-2018” se publicó primero en UFEDEGA.
Enlace con la noticia original: Convocadas as “Axudas a depotistas ourensanos cualificados 2017-2018”