Publicado por: UFEDEGA
UFEDEGA presenta Deixa Xogar, un proxecto pioneiro para previr a violencia no deporte base galego
A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) presentou onte na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o proxecto Deixa Xogar, unha iniciativa pioneira que é o resultado institucional do convenio asinado con Juntos Invulnerables e que busca crear un marco común de prevención, protección e sensibilización fronte ás violencias no deporte base.

Sinatura convenio Ufedega, Juntos Invulnerables
O proxecto Deixa Xogar conta co apoio da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
O acto reuniu representantes das federacións deportivas galegas, clubs, administracións públicas, profesionais do eido educativo e familias, nun encontro que puxo o foco na necesidade de unir esforzos e avanzar cara a unha cultura deportiva máis segura, respectuosa e responsable coa infancia e a adolescencia.
Un proxecto nacido do tecido federativo galego
Durante a presentación, UFEDEGA destacou que DEIXA XOGAR é un proxecto que xorde directamente das necesidades detectadas polas propias federacións. O seu obxectivo principal é dotar o deporte galego dunha estrutura, ferramentas e recursos comúns para identificar, previr e actuar fronte ás distintas manifestacións de violencia, desde as máis visibles ata aquelas que adoitan normalizarse no día a día.
Entre os elementos presentados destacaron:
-
A Guía Deixa Xogar, un documento práctico e de referencia dirixido a clubs, familias, federacións e persoas Delegadas de Protección.
-
As infografías e materiais divulgativos, que se empregarán para sensibilizar no ámbito deportivo
Intervencións e mesa redonda
O evento contou coa participación de Elena Casal, representante da arbitraxe feminina na Real Federación Galega de Fútbol, que deu voz ao colectivo arbitral; Julio Fernández, presidente da Federación Galega de Baloncesto, que representou todas as federacións galegas; María Torrente, directiva do Club Balonmán Narón en representación das entidades deportivas galegas; e Dani Merayo, deportista federado vítima de violencia física e verbal durante a súa etapa de deportista de alto nivel, que representou o colectivo de deportistas federados galegos.
Os convidados analizaron o impacto das condutas violentas nas etapas formativas, incidindo na importancia de reforzar a prevención, mellorar a formación e xerar espazos de acompañamento para a infancia e adolescencia.
Beatriz Gelpi, cofundadora de Juntos Invulnerables, lembrou que a violencia no deporte base non comeza con grandes escándalos, senón con frases e condutas cotiás que durante anos se normalizaron. Sinalou o impacto que isto ten en nenas, nenos e mesmo nos árbitros adolescentes, e destacou que familias e entidades deportivas comparten a responsabilidade de crear contornas seguras e educativas. Subliñou que o primeiro paso é desaprender vellos patróns e avanzar cara a unha cultura do bo trato que comeza na forma na que cada día nos relacionamos coa infancia.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, convidou as familias e clubs a facer unha reflexión interna sobre os aspectos a mellorar nas condutas persoais e salientou que “o deporte é un punto de encontro para o desenvolvemento persoal, para ter unha Galicia moito máis preparada e máis feliz”. “Temos todo o necesario para facer un bo traballo e espero que co traballo conxunto de todos os estamentos deportivos e da Xunta de Galicia consigamos eliminar esta lacra no deporte
O artigo Elementor #3822 publicouse primeiro en Ufedega.
Enlace con la noticia original: Elementor #3822







