Toma de Contacto na UFEDEGA

Publicado por: UFEDEGA

O pasado xoves 7 de marzo tivo lugar a primeira toma de contacto entre algúns dos compoñentes da Xunta Directiva da UFEDEGA. A reunión celebrouse na Sede da Real Federación Galega de fútbol en Santiago de Compostela e asistiron entre outros os presidentes das Federacións Galegas de Fútbol, Balonmán, Baloncesto, Caza, Karate, Ciclismo, Atletismo, Piragüismo e Taekwondo.

Nesta primeira xuntanza tratáronse cuestións importantes especialmente no relativo a xestión interna da UFEDEGA e a estratexia a seguir para promover, defender e representar o deporte federado galego.

La entrada Toma de Contacto na UFEDEGA se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: Toma de Contacto na UFEDEGA

Mas noticias relacionadas