Máis de 25 Federacións Deportivas Galegas participaron na Xornada Médica da UFEDEGA sobre o COVID19

Publicado por: UFEDEGA

O epidemiólogo do CHUAC Antón Acevedo e o Preventista de Povisa Eulogio Pardo, informaron ás Federacións sobre a incidencia do COVID19 no deporte
Rafael Louzán, presidente da UFEDEGA e Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, abriron a xornada que se desenvolveu na plataforma virtual da UFEDEGA

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2020
O salón virtual de conferencia da UFEDEGA foi testemuña esta mañá dunha interesante xornada sobre o COVID19 e que contou con prestixiosos profesionais como o Dr. Antón Acevedo, epidemiólogo do CHUAC, o Dr. Eulogio Pardo, preventista de POVISA e dos médicos responsables da Mutualidade de Futbolistas de Galicia, o Dr. Javier Díaz e o Dr. J. Carlos Taboada. Unha xornada que se enmarca dentro dun dos obxectivos fixados pola Xunta Directiva da UFEDEGA, que non é outro que o asesoramento continuo ás Federacións Deportivas Galegas, en especial a aquelas que dispoñen de menos recursos.
A xornada foi aberta polo Presidente da UFEDEGA Rafael Louzán e contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, Jose Ramón Lete Lasa. E participaron os presidentes e os responsables dos protocolos de volta a actividade deportiva de máis de 25 federacións Galegas.
Os protocolos de volta a actividade deportiva é un asunto moi transcendente para as Federacións nestes momentos, xa que moitas están preparando a volta a actividade. A o respecto o Dr. Eulogio Pardo indicaba a importancia de que “cada deporte elabore o seu protocolo específico”.
Todas as federacións tiveron a oportunidade de trasladar as súas preguntas aos facultativos, sendo unha das máis recorrentes a consulta sobre a exposición dos deportistas a contaxiar ou ser contaxiados. A estas cuestións respondía o Dr. Antón Acevedo, insistindo na importancia do autodiagnóstico e de non expoñerse se hai indicios de sintomatoloxía relacionada co COVID19.
UFEDEGA manterá un permanente contacto con especialistas e as autoridades sanitarias para poder trasladar ás federacións deportivas galegas a maior e máis fiable información posible de cara a estar preparados para a volta a actividade.

La entrada Máis de 25 Federacións Deportivas Galegas participaron na Xornada Médica da UFEDEGA sobre o COVID19 se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: Máis de 25 Federacións Deportivas Galegas participaron na Xornada Médica da UFEDEGA sobre o COVID19

Mas noticias relacionadas