Lete Lasa destaca o poder das redes sociais que achegan mensaxes tan importantes como os de prevención contra a violencia de xénero a milleiros de seguidores de deportistas galegos

Publicado por: UFEDEGA

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de participar nas xornadas organizadas pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) coa colaboración da Xunta de Galicia ‘As redes sociais no deporte: Facebook, Instagram e Twitter’ dirixidas a federacións, clubs e deportistas e impartidas pola empresa de negocio dixital Roi Scroll.

Alí destacou o poder das redes sociais que non pasa desapercibido para o Goberno galego que a través das cláusulas dos contratos de patrocinio da campaña contra a violencia de xénero ‘NON’ que asina con deportistas e clubs. Deste xeito consegue que deportistas como Javier Gómez Noya, Teresa Portela, Cristian Toro, Ana Peleteiro ou Adrián Ben e clubs como o Celta, o Deportivo ou o Obradoiro publiquen mensaxes de prevención e sensibilización contra esta lacra que chegan a milleiros de persoas que seguen aos seus ídolos nas redes.

Ademais informou que ao abeiro do Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia, da Fundación Deporte Galego “os clubs deben cumprir tamén unha serie de contraprestacións entre as que se atopan publicacións na súa páxina web oficial e nas redes sociais polas que reciben puntos que son tidos en conta para o cálculo final do importe que reciben”. O Plan alcanza neste 2019 os 3,3 millóns de euros (un 37% máis que en 2018) e chega a 191 equipos (100 son equipos masculinos, 85 femininos e 6 mixtos).

Tocante a importancia da internet no día de hoxe, o mandatario galego cominou a federacións, clubs e deportistas a aproveitar estas sesións de formación e asesoramento para que “sexa máis sinxelo para todos a utilización do gran xigante da internet e manexalo de xeito óptimo, acadando sempre o maior beneficio para o deporte galego”.

La entrada Lete Lasa destaca o poder das redes sociais que achegan mensaxes tan importantes como os de prevención contra a violencia de xénero a milleiros de seguidores de deportistas galegos se publicó primero en UFEDEGA.


Enlace con la noticia original: Lete Lasa destaca o poder das redes sociais que achegan mensaxes tan importantes como os de prevención contra a violencia de xénero a milleiros de seguidores de deportistas galegos

Mas noticias relacionadas