I XORNADA – LIGA GALEGA ABANCA (sábado 16 novembro, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

Este sábado 16 de novembro disputarase a primeira das xornadas da LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES, que terá lugar nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, no Módulo Cuberto de Lugo. Será en horario de mañá e tomarán parte os/as atletas con data de nacemento de 2011 a 2006, seguindo a clasificación das categorías para a tempada 2019 (ata decembro).

Adxuntamos o horario definitivo da competición, ademais de información de interese como a lista de inscricións, onde podedes revisar en que probas participará cada atleta, ou o enlace para seguir os resultados en directo.

HORARIO DEFINITIVO

 

IMPORTANTE! Lembrade as recomendacións habituais:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da proba (para realizar a preparación previa).
  • Levar o documento de identidade.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal (DEBERÁS GARDALO PARA AS 3 XORNADAS).
  • Utilizar as zapatillas de cravos (se as tes) para as probas específicas.
  • Aprender da experiencia e desfrutar cos/as compañeiros/as.
AGARDÁMOSVOS!!

Enlace con la noticia original: I XORNADA – LIGA GALEGA ABANCA (sábado 16 novembro, Lugo)

Mas noticias relacionadas