XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO 2019

INSCRICIÓN

ADULTOS

O prazo de inscrición é desde o día que se publicite pola Organización ata o 10 de novembro de 2019. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún/ha corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 2 de novembro de 2019
A cuota de inscrición será de 5€ desde o día que se publicite pola Organización ata o 27 de outubro de 2019 e de 7€ desde o 28 ao 10 de novembro de 2019. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

MENORES

A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
O prazo de inscrición para colexios é desde o día que se publicite pola Organización ata o 3 de novembro de 2019 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 10 de novembro de 2019.
CANCELACIÓNS

Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
RECOLLIDA DE DORSAIS-CHIPS

A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 15 de novembro de 16:00h a 20:00h e o sábado día 16 de novembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
Non se entregarán dorsais o día da carreira.
A recollida anticipada de dorsais-chips (para os/as inscritos/as ata o 2 de novembro de 2019) será os días 14, 15 e 16 de novembro de 2019 nos puntos acordados que se anunciarán debidamente.
GARDARROUPA

A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.

San Martiño 2019
carreira san martiño ourense 2019

Mas noticias relacionadas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *