Publicado por: F.G. Ciclismo
A Selección de Galicia Júnior volve competir esta fin de semana despois de ter disputado o pasado sábado en Sax (Alacante) a carreira inaugural do Trofeo Federación 2019. Nesta ocasión, o combinado dirixido por Guillermo Sande participará en dúas probas na provincia de Valladolid.
A primeira delas será o III Trofeo La Cistérniga-Viana de Cega, que o sábado se celebra co formato de contra o reloxo por equipos sobre unha distancia de 17,5 quilómetros.
Ao día seguinte chegará a segunda e derradeira cita do Trofeo Federación. Este certame resolverase nos 115 km do Memorial Ángel Lozano, un percorrido con cinco portos de montaña e final na Plaza del Milenio de Valladolid.
Os seis corredores citados polo selecciondor de Galicia son:
Daniel Sanín Sánchez Cambre
Manuel Sampedro García Cambre
Raúl Casalderrey Esperón Farto
Gianni Iannelli Álvarez Redondela
Brais Gómez Cima Ponteareas
Manuel Rodríguez Alonso Ponteareas
Enlace con la noticia original: Convocatoria da Selección de Galicia Júnior para o Trofeo La Cistérniga e o Trofeo Federación de Valladolid