A Gardia Civil e a Federación Galega de Ciclismo repartirán chalecos aos ciclistas na ruta protexida do Sol, no Grove

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Co obxecto de impulsar o uso de pezas de alta visibilidade entre os ciclistas para mellorar a súa visibilidade ante os demais condutores de vehículos, os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil na provincia de Pontevedra teñen previsto a distribución de chalecos retroreflectantes, doados pola Xunta de Galicia, nas distintas “Rutas Ciclistas Protexidas” que discorren pola provincia. 

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, ten previsto realizar este sábado, día 6, un dispositivo especial de repartición de chalecos aos ciclistas que utilicen o roteiro protexido coñecido como “Ruta do Sol”, que levará a cabo no punto quilométrico 1,800, da estrada PO-316 (rotonda de San Vicente do Mar), no Grove.

Día: 6 de xullo de 2019.

Hora: De 10:30 a 11.30 horas.

Lugar: Estrada PO-316, Km. 1,800 Rotonda de San Vicente do Mar 


Enlace con la noticia original: A Gardia Civil e a Federación Galega de Ciclismo repartirán chalecos aos ciclistas na ruta protexida do Sol, no Grove

Mas noticias relacionadas