A Transgalaica 2019 arranca con máis de 450 participantes no X Trofeo Concello de Cerdedo-Cotobade

Publicado por: F.G. Ciclismo

Este vindeiro domingo 24 de febreiro darase o pistoletazo de saída ao circuíto galego de probas de BTT-Maratón Transgalaica 2019, e farao como vén sendo habitual nos últimos anos en Cerdedo-Cotobade. Será unha edición especial ademais porque será a décima na localidade cotobadesa. A proba comezará ás 09:30 na zona de Carballedo. Espérase unha participación de máis de 450 corredores.

A proba, que está patrocinada polo Concello de Cotobade e organizada pola firma Team Relay, desenvolverase nun esixente circuíto de 62km.

Ademais do máis granado do pelotón galego tamén está confirmada a presenza de ciclistas procedentes doutros puntos de España, sobre todo Asturias e Castela-León.

Entre os favoritos cabe destacar aos vencedores en Carballedo do pasado ano, Javi Busto e Lara Lois, ambos do Extol-A Gramola Team. Con opcións de vitoria en categoría masculina temos a Brandán Márquez e Esteban Sánchez, vencedor do circuíto Transgalaica 2018. Entre as mozas Lucía Vázquez tratará de reeditar a súa vitoria do 2017 en Cotobade.

O calendario de todo o circuíto é o seguinte:

#1 24.02 Cerdedo-Cotobade

#2 10.03 Ames 

#3 24.03 A Estrada

#4 07.04 Silleda

#5 28.04 Vigo

 

Fonte: Transgalaica 


Enlace con la noticia original: A Transgalaica 2019 arranca con máis de 450 participantes no X Trofeo Concello de Cerdedo-Cotobade

Mas noticias relacionadas