En marcha o “Circuito Galego de Atletismo en Pista”

Publicado por: F.G. Atletismo

Estanse dando os últimos retoques e multiplicando os contactos cos distintos Concellos que conten con infraestructuras atléticas, para dar forma a creación do “Circuito Galego de Atletismo en Pista”.

Segundo o Presidente da FGA Isidoro Hornillos “Unha das accións previstas do Plan Estratéxico do Atletismo de Galicia, é a implantación dun Circuito Galego en pista baseado fundamentalmente na necesidade de dar resposta e ofertar unha maior axenda de competicións ó aire libre”

As sedes e datas ainda están sen asignar pero ubicaranse “… ó marxe dos campionatos de Galicia e apostando por un maior reparto xeográfico das mesmas,” En canto ó numero de xornadas, continúanse cas xestións para ampliar o número de Concellos colaboradores  “ Temos a día de hoxe a catro concellos confirmados, malia que estamos a traballar para sumar polo menos a tres ou catro máis, ca idea de ir incorporando a máis entidades locais dotadas loxicamente de instalacións atléticas”

O circuito que dará comezo no mes de abril, estará repartido ó longo de toda a tempada contanto con probas basicamente para as categorías absolutas, sen esquecer ás de promoción.

 

O artigo En marcha o “Circuito Galego de Atletismo en Pista” publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: En marcha o “Circuito Galego de Atletismo en Pista”

Mas noticias relacionadas