Subvencións da Deputación de Pontevedra para clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional no 2019

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de xaneiro ao 25 de febreiro

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP)

https://www.depo.gal/subvencions-clubes-deportivos-ambito-inferior-a-nacional

ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 18 DE XANEIRO DE 2019 POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL PARA O ANO 2019

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 18 DE XANEIRO DE 2019 POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE PARTICIPEN EN COMPETICIÓNS FEDERADAS DE ÁMBITO INFERIOR A NACIONAL PARA O ANO 2019

BDNS(Identif.):436230

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

1. Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran os seguintes requisitos:

• Carecer de fins de lucro

• Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, así como non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación

• A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra

• Estar inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

• Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2018 para o mesmo programa.

2. Obxecto

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito inferior a nacional para o ano 2019, convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.

A través destas bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados de ámbito inferior a nacional e rexional preferente na modalidade de fútbol na temporada 2018-2019 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, na temporada 2019.

Neste ámbito de actuación preténdese colaborar cos axentes sociais comprometidos co obxectivo de fomentar a cohesión do territorio e a igualdade de oportunidades en materia deportiva, con independencia das condicións persoais de cada cidadá ou cidadán e do lugar da provincia onde resida.

3. Bases reguladoras

Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 18 de xaneiro de 2019, e ríxenxe pola seguinte normativa:

— LXS, nos artigos de carácter básico e na súa normativa básica de desenvolvemento

— Lei de subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento

— Artigos non básicos da LXS e normativa básica de desenvolvemento

— Lexislación de réxime local, estatal e autonómico

— Ordenanza xeral de subvencións da Deputación

— Bases de execución do Orzamento

— Actos administrativos ditados polos distintos órganos da Deputación

4. Contía

600.000,00 € (sendo 500.000,00 para o deporte federado de ámbito inferior a nacional e 100.000,00 € para rexional preferente).

O orzamento inicial poderá ser ampliado según dispoñiblidade orzamentaria ata un máximo de 100.000,00 €.

5. Prazo de presentación

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

6. Otros datos de interés

— As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

En caso de presentar a solicitude de forma presencial requiriráselle que a emende mediante a presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

— Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

— Criterios de valoración: os establecidos na base décima da convocatoria.

— Gastos subvencionables: os establecidos na base terceira da convocatoria.

— Forma de pago: Transferencia

— Forma de xustificación: a xustificación deberá conter a seguinte documentación:

a) Conta xustificativa na que se relacionarán os conceptos de gastos por importe igual ou superior á subvención concedida pola Deputación, mais as axudas solicitadas e recibidas doutras administracións públicas, tal como se establece no artigo 24.1.b.f. da Ordenanza xeral de subvencións.

b) Toma de razón na contabilidade do club deportivo (modelo 340.005).

c) Unha memoria de actuación xustificativa da subvención concedida, na que se indiquen as actividades realizadas e os resultados obtidos

d) Os clubs aos que se lles outorguen subvencións por un importe superior a 1.500 € deberán acreditar a difusión do financiamento a través de calquera medio probatorio (prensa, valos, pancartas, vestimenta deportiva, páxina web…)

e) Orixinais ou copias cotexadas de facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando en cada factura o número de unidades, os prezos unitarios e o prezo total de cada unidade

f) Os clubs que aporten unha declaración xurada cos datos reflectidos no punto 6 destas bases, deberán acreditar o certificado da federación correspondente

g) Prazo máximo de xustificación: Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2018/2019 xustificarase dentro dos 3 meses seguintes dende que remate a temporada, e en todo caso, antes do 31 de decembro de 2019. Se a modalidade deportiva corresponde á temporada 2019 (ano natural) xustificarase ata o 31 de marzo de 2020.


Enlace con la noticia original: Subvencións da Deputación de Pontevedra para clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional no 2019

Mas noticias relacionadas