Publicado por: F.G. Ciclismo
O epílogo da carreira levou aos ciclistas por algunhas das estradas que percorre o Camiño de Santiago. Unha peregrinación na que foi protagonista unha fuga de nivel, controlada en todo momento polo conxunto Aluminios Cortizo desde o pelotón.
Con forza, un total de 6 ciclistas destacáronse aproveitando a sucesión de pequenas costas. Alí coáronse Edwin Torres e Elías Tello (Kuota), Amores (Electro Hiper Europa), Videira (Fortunna Maia), Guillermo García (Froiz) e Felipe Orts (Mutua Levante- Alé), que chegaron a alcanzar tres minutos de vantaxe.
A metade de percorrido descolgáronse Tello (Kuota) e Videira (Fortunna Maia), mentres que no grupo principal empezáronse a mover algúns dos homes da xeral.
O ataque que iniciou as hostilidades entre os favoritos protagonizouno Mario Vilches (Bicicletas Rodriguez Extremadura), ao que se uniu Samuel Blanco (Rías Baixas) e o resto de líderes, incluído De Mateos (Cortizo). Este corte ameazou con romper de novo a carreira, pero volveuse xuntar antes da chegada.
Estradas estreitas e subidas curtas pero moi duras limaron as forzas dos corredores. O pelotón quedou en apenas 25 ciclistas que chegaron a gran velocidade a Sigüeiro.
O forte ritmo e unha complicada curva a esquerdas dentro dos últimos 200 metros provocaron unha caída na que Iñigo Gonzalez (Aleata Farto) e Elias Tello ( Kuota) víronse obrigados a abandonar a carreira. Desta situación aproveitouse Jose Fernandes (Fortunna Maia) para levantar os brazos por diante de Arozamena (Froiz) e Eduardo Gonzalo (Alca).
Na xeral non houbo cambios, con De Mateos vencedor absoluto, Jorge Bueno (Esteve) segundo e Ivan Martínez (Froiz). As Metas Volantes foron para Fernandes (Fortunna Maia), Martínez (Froiz) levouse a montaña, Blanco (Rías Baixas) foi o mellor galego e Vilches o gañador sub-23.
Entregaron os premios Manuel Mirás, alcalde de Sigüeiro; Luís Rey, concelleiro de deportes; Antonio Leira da Deputación da Coruña e José Flores, vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo.
Enlace con la noticia original: Fernandes vence en Sigüeiro e De Mateos lévase a xeral da Volta á Provincia da Coruña