Capítulo 2: Heroes de Ponte Sampaio

Publicado por: Pontevedra C.F.

Foto: Galicia Máxica

Este é o segundo capítulo da reportaxe sobre a historia mariñeira da cidade de Pontevedra realizada por PonteArte, a quen recomendamos seguir, se non o facías xa, nas súas canles de redes sociais:

Twitter: @pontearte
Facebook: @poontearte
Instagram: @poontearte

HEROES DE PONTE SAMPAIO

“¡Oh, Pontevedra. Tu belleza me desarma!”. Pode que estas sexan as verbas máis fermosas xamais dedicadas á nosa vila. Pronunciounas un militar cruento e vil.

O mariscal Ney, do exército napoleónico, tivo a osadía de desprezar as forzas e a valentía das nosas xentes. A consquista de Galicia polos franceses ía ser un paseo, mais tornouse nun auténtico pesadelo. Foi a derrota máis humillante e estrepitosa do que era aclamado como o mellor exército do mundo.

Hoxe, deterse frente o monumento aos heroes de Pontesampaio é notar a pel de galiña. Sentir como a memoria enche o extenso espazo aberto da Plaza do Concello. E case afoga.

É increíble como o amor á terra pode avivar tan intensamente a coraxe; como pode espertar de xeito tan formidable a valentía. O sacrificio da propia vida vólvese insignificante se é o fogar, o noso berce, o que está en xogo.

As xentes de Ponte Sampaio, as veciñas e os veciños de Pontevedra, convertéronse en heroes por dereito propio no ano 1808. O río Verdugo foi testemuña dunha das batallas máis épicas, e tamén desiguais, que se recordan na historia. A resistencia popular, conformada por paisanos de a pé, sen ningún tipo de formación militar, foi quen de derrotar a máquina militar máis poderosa do mundo.

As tropas de Napoleón entraron en 1807 na Península Ibérica. Tan só un ano máis tarde, o monarca Borbón Fernando VII é obrigado a dimitir. Renunciou ós seus cargos e aceptou á familia Bonaparte coma reemplazante. O irmán de Napoleón, José Bonaparte, converteuse en rei.

Parecía que España non tiña salvación posibel, pero houbo un rincón, de valor admirable, capaz de plantar cara á megalomanía, o poder e a omnipotencia do emperador francés. Os invasores chegaron a Galicia en xaneiro de 1809 e foron ocupando unha cidade tras outra.

O 16 de xaneiro caeu A Coruña; o 17, Santiago de Compostela; o 21, Padrón e Caldas de Reis; o 26 entran en Pontevedra; o 30 en Redondela; e o 31 chegan a Vigo. En apenas 15 días toda Galicia pasa a mans inimigas.

Pero os galos non coñecían aínda o verdadeiro carácter dos galegos e ignoraban a tomba de problemas que estaba a piques de vírselle enriba. O mariscal Ney, de traxectoria implacable, alouxouse na Praza do Teucro cunha guarnición de 10.000 homes ben armados.

Sen compaixón, Ney pretendía arrasar e queimar a Boa Vila. Mais conta a lenda que cando viu a fermosura dos nosos prados, o intenso verde do campo, e a maxestuosidade da igrexía de Santa María reflectida nas tranquilas augas do Lérez, desistiu de todo intento e exclamou: ¡Pontevedra, tu belleza me desarma!

Pero si impuso o seu control sobre as parroquias da vila, sobre o gando e os cultivos. A forma de vida naquel tempo era predominantemente rural, e cando os veciños viron que un foráneo tentaba apropiarse do seu traballo e forma de sustento perderon a paciencia.

Comezou a guerra de guerrilas. Unha loita de paisanos mal equipados que atacaron con canóns de pau e sen armas, con hoces, paus e pedras. Logo de enfrontamentos ás portas de Santa Clara, a Peregrina e a Ponte do Burgo, venceron os locais. Vaia se venceron.

A finais de marzo, as alarmas (pelotóns veciñais que se alzaron en armas frente o invasor francés) xa recuperaran Vigo, Pontevedra e Tui. Pero a batalla final, a da derrota máis estrepitosa para os galos, estaba aínda por disputarse.

O mariscal Ney comprendeu que tiña que poñer freo, fora como fose, á rebelión. Á fronte dun exército de 20.000 soldados sae o mes de maio da cidade de Lugo, disposto a recuperar dunha vez por todas a autoridade no sur de Galicia.

Sen embargo, nunca puido imaxinar que un exército de afeccionadas 0estaba a piques de mudar para sempre o rumbo da historia. A sabendas de que Ney ía na súa busca, a resistencia de milicianos elixiu o río Verdugo coma lugar de defensa. Podía que foran inferiores en número, pero as súa forza, estratexia e valor eran inabarcables.

Era o lugar idóneo, pois o río Verdugo faría de fronteira natural entre os dous contrincantes. O curso fluvial só podía ser atravesado por a ponte de Ponte Sampaio (derrubaron catro arcos da marxe sur para evitar que os galos a atravesaran) e a de Caldeas, a 12 quilómetros. Vadear o río só era posible coa marea baixa e en condicións penosas, polo que os galegos se atrincheiraron e agardaron a chegada do inimigo para bombardealo.

7 de xuño de 1809. Todo está en silenzo. Sobre as 10 da mañá un destacamento de 35 franceses chega para recoñecer a zona, e son masacrados. A división do Miño, dirixida por Martín de la Carrera e o coroel Pablo Morillo, apenas contaba con 10.000 combatentes mal armados. Ney chega con 8.000 infantes, 1.2000 xinetes e un inabarcable despregamento de fusís e artillería.

Unha e outra vez os franceses tentaron cruzar o río, pero os canóns de pau, feitos de carballo e cunha capacidade de apenas 10 ou 12 disparos, acabaron por forzar unha retirada histórica. A férrea resistencia e brillante puntería dos campesiños fixo que Ney anunciase a retirada.

Todos viran na nosa terra un territorio entregado, pobre e con incapacidade de loita. Mais os pobos, ao igual que o fútbol, non entenden de razóns: falan có corazón. As tropas francesas abandoarían definitivamente Galicia en xullo de 1809.

Os heroes de Ponte Sampaio gravaron para sempre na nosa alma, e hoxe na eternidade da pedra deste monumento, unha xesta de forzaleza e determinación.

Esta estatua é unha homenaxe ó noso patrimonio histórico e cultural. Foi levantada en 1909 por orde do Concello de Pontevedra, xusto cando se cumplía o centenario da loita. A iniciativa naceu de Eduardo Vincenti Reguera, deputado por Pontevedra, e do Centro Gallego de Madrid.

Esta proposta foi secundada por Javier Puig Llamas, alcalde de Pontevedra, e o presidente do Senado, Eugenio Montero Ríos. O monumento é obra do artista Julio González Pola, e representa un tramo de ponte feita en granito que serve de soporte ás figuras de bronce. Vemos un grupo de labradores, estudantes e soldados suxeitando unha bandeira, e ao fronte o oficial Morillo. O propio monarca Afonso XIII cedeu os bronces necesarios para a execución da escultura.

La entrada Capítulo 2: Heroes de Ponte Sampaio se publicó primero en Pontevedra C.F..


Enlace con la noticia original: Capítulo 2: Heroes de Ponte Sampaio

Mas noticias relacionadas