Publicado por: F.G. Ciclismo
-¿Cantas medallas leva conquistadas nos Campionatos de España de Ciclocrós?
-Oito, en total: cinco ouros, dúas pratas e un bronce. A primeira vitoria conseguina en Noja (2001) e tamén subín nao máis alto do podio en Sotrondio, Busturia e por dúas veces en Valladolid.
-¿Ao longo de todos estes anos como valora a evolución experimentada polo ciclocrós?
-Evolucionou moito e en todos os sentidos. En canto á participación é algo tremendo, ninguén o podía esperar. Entre todas as categorías acostúmanse a reunir entre 300 e 400 participantes, unha verdadeira animalada. Por outra banda, tecnoloxicamente pasamos da noite ao día. Agora córrese con freos discos, os freos de cable traseiro evolucionaron a mecanismos sen cables… Agora tamén hai máis carreiras. Todo ten ido a mellor.
-¿E especificamente a nivel autonómico?
-En Galicia todo ten cambiado e ido a mellor, aínda que hai unha excepción. Non sei a que se debe, pero nas categorías de base (cadetes, juniors…) falta algo de participación. Nas outras categorías é unha verdadeira loucura.
-¿Como se presenta a loita en Pontevedra polo ouro na súa categoría?
-Téñoo complicado. Hai un valenciano que xa me gañou en Pontevedra o ano pasado, tanto no Campionato como na Copa, e non nos podemos esquecer doutros moitos rivais que hai. De todos os xeitos, eu estou adestrando moi forte estas últimas semanas para ver se podo darlle a volta aos últimos resultados e proclamarme campión de España. Os rivais tamén están moi fortes.
-Vostede conta a favor coa baza de competir na casa…
-Si, o circuíto da Illa das Esculturas está a quilómetro e medio de onde vivo e é a miña zona de adestramento de carreira a pé. Todos os días, ás sete menos cuarto da mañá, estou machacando por alí.
-¿Que lle parece a aposta da súa cidade polo ciclocrós?
-O equipo de goberno que hai está moi involucrado co tema deportivo. Aquí tense celebrado nos últimos meses un Campionato do Mundo de triatlón, o campionato e a copa de ciclocrós… É un acerto, porque ademais de patrocinar a cidade tamén se engancha moita xente a facer depoorte.
-E vostede encantado porque é un deportista do máis polifacético.
-En ciclismo compito no ciclocrós e nalgunhas probas de estrada e de BTT. Logo, engancheime un pouquiño ao duatlon e teño moi bos resultados. Gañei tres veces o campionato do mundo na categoría máster, dous europeos e bastantes campionatos de España. A maiores, fago algún medio maratón con tempos decentes para a miña idade. Son un pouco multidisciplinar.
Enlace con la noticia original: Manuel González Ojea, vixente subcampión de España máster-60: "O ciclocrós evolucionou moito e en todos os sentidos"