Jacobo Ucha encabezou a III Marcha Delio Fernández

Publicado por: F.G. Ciclismo

O ciclista porriñés Jacobo Ucha impúxose onte na terceira edición do Desafío Delio, marcha cicloturista impulsada polo ciclista profesional Delio Fernández, que actualmente forma parte do equipo francés Delko Marseille. A proba discorreu pola bisbarra do Morrazo con 100 kilómetros de percorrido.
Ucha asinou un tempo de 20.45 que lle valeu a primeira praza por diante do exciclista profesional e actualmente dedicado ao tríatlon Gustavo Rodríguez, que asinou un rexistro de xusto 22 minutos. A pouco máis dun minuto chegou David Vidal, do equipo organizador da proba, Punta Fondón quen fora gañador en 2017. O top ten completouse cos corredores do Master Morrazo Miguel Gandón (cuarto) e Adrián Chapela (quinto); Luís Miguel Sánchez ( Anb Fanox Triatlon); Manuel Prol (Ría de Vigo); Niko Vieites ( Bicicocon); Luís Fernández Oliveira (Avanza) e Óscar Sueiro (Club Ciclista Verín).

En total participaron 182 ciclistas, unicamente seis mulleres. A máis rápida delas foi Silvia Branco Dosil ( BH Factory Team), que cun tempo de 33.21 ocupou o posto número 81 na xeral. A segunda muller fueNoelia Portela, do Máster Morrazo, con 34.03, mentres que a corredora do Vaille Dando Montserrat Bernárdez adxudicouse a terceira posición en categoría feminina ao completar o percorrido en 38.04.

A proba serviu para homenaxear ao primeiro equipo ciclista profesional galego, o Kelme Xacobeo que saíu a competir por primeira vez hai 25 anos. Marcos Serrano Angel Vidal e Genaro Prego formaban parte daquel conxunto.

©Fonte: medios


Enlace con la noticia original: Jacobo Ucha encabezou a III Marcha Delio Fernández

Mas noticias relacionadas