Publicado por: UFEDEGA
En cumprimento do que indica o artigo 13 e demais concordantes dos Estatutos da UFEDEGA, o Presidente acordou convocar a reunión anual preceptiva da Asemblea Xeral Ordinaria da Unión de Federacións Deportivas Galegas, para o LUNS día 2 de novembro de 2020, en primeira convocatoria ás 18:00 horas e en segunda ás 18:30 horas, a través de videoconferencia.
A Asemblea Xeral Ordinaria, desenvolverase segundo o disposto na seguinte ORDE DO DÍA:
- Benvida do presidente
- Informe do presidente
- Presentación e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2019
- Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos do 2020 e do ano 2021
- Aprobación se procede das cotas para o exercicio 2021
- Rogos e preguntas
** Para consultas e resolución de dubidas sobre as contas que se achegan poden dirixirse o correo electrónico ufedega@gmail.com
** O enlace da videoconferencia enviarase nos días previos a celebración da asemblea
Así mesmo, dacordo co disposto no artigo 34 dos Estatutos da UFEDEGA, o Presidente acordou convocar tamén reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria da Unión de Federacións Deportivas Galegas, que terá lugar o mesmo LUNS día 2 de novembro de 2020 inmediatamente a continuación da Asemblea Xeral Ordinaria polo mesmo sistema de videoconferencia.
A Asemblea Xeral Extraordinaria, desenvolverase segundo o disposto na seguinte único punto da ORDE DO DÍA:
Único.- Aprobación, se procede, da proposta de modificación dos artigos 1, 6, 8, 13, 14, 16, 17, 18, 20, 21, 23, 31 e 36 dos Estatutos da UFEDEGA.
O que se comunica aos asembleístas, acompañando o texto comparativo da redacción actual e da modificación proposta dos citados artigos.
Santiago de Compostela, a 16 de outubro de 2020
La entrada CONVOCATORIA ASEMBLEAS XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA UNIÓN DE FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS (UFEDEGA) 2020 se publicó primero en UFEDEGA.
Enlace con la noticia original: CONVOCATORIA ASEMBLEAS XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA UNIÓN DE FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS (UFEDEGA) 2020